Leo totalmente estupefacta que Dani Alves pode saír do cárcere xa. Ofréceselle liberdade provisional baixo fianza dun millón de euros, unha cantidade que pode parecer inxente pero que a el non lle supón unha perda tan considerable.

Como medidas que equilibren este perdón están a entrega de pasaporte e a prohibición de achegarse á vítima ou comunicarse con ela. Como se iso fose suficiente.

Non podo crer que este home vaia pasear tranquilamente polo país, volvendo facer vítima á moza que agrediu.

Tres veces negou san Pedro a Xesucristo. A pasaxe enténdese como a maior das ofensas. Pois tres veces se está a culpar á vítima. A cantas máis ofensas a imos someter?

Foi a vítima cando a violaron. Pero a palabra dunha muller sempre está en xuízo, así como a súa actitude. Para gran parte da sociedade, a culpable era ela. Por que? Por entrar no baño, por achegárselle, por falar... por ser muller.

Volveu ser vítima na denuncia. Pero de novo foi sinalada por acusar. Que difícil o seu camiño. O medo a non ser crida é terrible.

Por último, vítima da sentenza. Porque aínda que se determinou que el era culpable e se lle impuxo unha condena, agora os cartos danlle a volta á tortilla.

Non pretendo que se sinale a ninguén, pero este é un caso tan mediático que se converte en espello no que mirarse. E o que reflicte é o barato que sae violar. É frustrante pensar que a xustiza está ao servizo dos cartos e do poder. Pero o que máis doe, sen dúbida, é sentírmonos desamparadas.

QOSHE - Tres veces vítima - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Tres veces vítima

4 4
25.03.2024

Leo totalmente estupefacta que Dani Alves pode saír do cárcere xa. Ofréceselle liberdade provisional baixo fianza dun millón de euros, unha cantidade que pode parecer inxente pero que a el non lle supón unha perda tan considerable.

Como medidas que equilibren este perdón están a entrega de pasaporte e a prohibición de achegarse á vítima ou comunicarse con ela. Como........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play