Uns amigos estiveron en Rusia e trouxéronse unha caixiña do mellor caviar , o que está a 1.250 euros o quilo. A caixiña , de 125 gramos, custoulles 165 euros e os catro amigos e os dous anfitrións tomámonos o pedaciño de pan e os grans que nos tocaron a cada un como quen participa nun rito de iniciación á clase privilexiada que pode permitirse eses luxos. O caviar procede das ovas do esturión, un peixe que está en vías de extinción, entre outras cousas porque moita xente adiñeirada cómese os ovos da femias. É un peixe do que moita xente non coñece nin o nome. Un alumno escribiu nun exame que o caviar procedía dos ovos do centurión (soldado das centurias romanas).

Na miña casa familiar nunca se comprou caviar. Era algo que ía en contra da nosa economía e de profundas razóns morais: era «pecado» gastar diñeiro niso cando tanta xente pasaba fame no mundo. O que si tomabamos con frecuencia eran ovas de agulla. A agulla era parecido ao peixe espada, coa boca rematada nun pico agudo e longo. As ovas das femias eran de cor branca e dun tamaño e unha textura similar á do caviar e estaban recubertas por unha fina membrana. Eran como un saquiño no ventre do peixe. Ao fritilos en aceite ben quente, a membrana poñíase de cor amarelada e endurecíase, e no seu interior os ovos brancos mantíñanse zumarentos. Tiñan un sabor delicioso.

Cando eu era nena, as agullas levábanas a Mondoñedo unhas pescadoras de Foz e vendíanse no mercado. Non sei se agora séguense comercializando as ovas de agulla, pero se as atopan non deixen de probalas. Non se arrepentirán.

QOSHE - As ovas de agulla - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

As ovas de agulla

5 0
18.03.2024

Uns amigos estiveron en Rusia e trouxéronse unha caixiña do mellor caviar , o que está a 1.250 euros o quilo. A caixiña , de 125 gramos, custoulles 165 euros e os catro amigos e os dous anfitrións tomámonos o pedaciño de pan e os grans que nos tocaron a cada un como quen participa nun rito de iniciación á clase privilexiada que pode permitirse eses luxos. O caviar procede das ovas do........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play