Dona Emilia Pardo Bazán queixábase de que na prensa aparecían con frecuencia noticias que a miúdo quedaban incompletas ou mal interpretadas, sobre delitos diversos. Eu quéixome do mesmo.

Por exemplo: o martes 12 de marzo, María Jesús Montero, vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda deu á prensa ás 17.20 da tarde unha noticia referida á cobranza de dous millóns de euros en comisións por contratos de máscaras por parte da parella da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Esa noticia non foi publicada polo dixital eldiario.es ata as 21.37. Poucos días despois, o ICAM (Ilustre Colexio da Avogacía de Madrid) aprobou de forma unánime unha denuncia contra a Fiscalía por desvelar datos do noivo de Ayuso, delito que supón penas moi graves para quen o comete, pero o nome da vicepresidenta que deu a noticia non se menciona.

Outro exemplo: lembran as acusacións entre Pedro Sánchez e Ayuso sobre o famoso «¡que fillo de p...»!, que din que lle lanzou Ayuso? Se revisan o vídeo verán que Ayuso está a mirar e escoitar a Pedro Sánchez e o que oe lévaa a formular ese comentario. Se se fixan na súa actitude verán que non está ao interpelar, nin ten unha postura que indique acusación, como é sinalalo co dedo ou inclinarse cara adiante nun movemento de ataque. Non: está pensado que é un fillo de p... e os seus beizos marcaron o contido do seu pensamento. Esa señora esta moi mal aconsellada e fixéronlle dicir aquela bobada de «me gusta la fruta». O que tiña que dicir é que o pensamento é libre. Creo que lle vou a propoñer que me contrate como asesora, porque a pobre leva unha tempada que non dá unha no cravo.

QOSHE - Demasiados cabos soltos - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Demasiados cabos soltos

4 0
25.03.2024

Dona Emilia Pardo Bazán queixábase de que na prensa aparecían con frecuencia noticias que a miúdo quedaban incompletas ou mal interpretadas, sobre delitos diversos. Eu quéixome do mesmo.

Por exemplo: o martes 12 de marzo, María Jesús Montero, vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda deu á prensa ás 17.20 da tarde unha noticia referida á cobranza de dous millóns de euros en comisións........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play