Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, 529.000 galegos vivimos hoxe repartidos polo mundo. Pódese dicir que somos un país de emigrantes ou de aventureiros, como se prefira. Hai moitos anos, na miña mocidade, era a pobreza o que empuxaba a moitos galegos para buscar o pan en terras de Hispanoamérica. Rosalía de Castro, coa súa especial sensibilidade para identificarse cos que sufrían, expresouno moi ben nun breve poema:

«Foi a Páscoa enxoita, chovéu en San Xoán;

a Galicia a fame logo chegará.

Con malenconía

miran para o mar

os que noutras terras tén que buscar pan».

Hoxe as cousas cambiaron, o retrato robot é o dunha muller entre 16 e 64 anos con formación universitaria e cun nivel adquisitivo alto respecto ao país de acollida. Sorprendeume que emigren máis mulleres que homes, pero así aparece nos datos do instituto citado.

En Ecuador hai poucos galegos. Os países elixidos foron preferentemente Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguay e, agora, Australia. En Ecuador hai, a día de hoxe, 7.814 españois, pero non distinguen a procedencia das distintas comunidades autónomas.

Non existe aquí unha Casa de Galicia como a que se formou en Nova York, por exemplo. Alí os emigrantes galegos puideron reunirse e manter o seu idioma e os seus costumes e sentirse, en certo xeito, na súa casa.

En Quito, onde estou actualmente, á parte da miña familia, só coñezo a dous españois. Un é de Madrid e o outro é galego. O galego é unha das persoas máis importantes da cidade, ocupa un posto de especial relevancia social e económica. Ou sexa, que somos poucos, pero estamos ben representados: a excelencia compensa a escaseza.

QOSHE - Galegos en Ecuador - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Galegos en Ecuador

4 4
15.02.2024

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, 529.000 galegos vivimos hoxe repartidos polo mundo. Pódese dicir que somos un país de emigrantes ou de aventureiros, como se prefira. Hai moitos anos, na miña mocidade, era a pobreza o que empuxaba a moitos galegos para buscar o pan en terras de Hispanoamérica. Rosalía de Castro, coa súa especial sensibilidade para identificarse cos que sufrían,........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play