Mentres Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, defendía a inocencia da súa parella, esta, sen advertirllo, recoñecía os seus delitos e facía tratos para mellorar a súa situación coa xustiza. Estes feitos trouxeron á miña memoria un soneto de Lope de Vega («Desmayarse, atreverse, estar furioso»), onde di, entre outras cousas terribles, que amor é «dar la vida y el alma a un desengaño». No seu caso, a súa propia vida contradí as súas palabras. O último e gran amor que viviu con Marta de Nevares non acabou en desengano: seguiu amándoa cando ela, cega e tola, xa non podía velo nin recoñecelo.

Desenganaríase Isabel Díaz Ayuso? Quizá non. O portugués Gil Vicente, outro gran poeta do século XVI, deixou escrito: «Sepan cuantos son nacidos / aquesta sentencia mía / que contra muerte y amor / nadie no tiene valía». Ou sexa, en palabras vulgares: non podemos librarnos nin da morte nin do amor. Dese carácter fatal do amor faláballe Lope ao duque de Sessa, o seu mecenas, cando era xa un sacerdote ancián: «Estoy perdido, si en mi vida lo estuve, por alma y cuerpo de mujer, y Dios sabe con qué sentimiento mío porque no sé cómo ha de ser ni durar esto, ni vivir sin gozarlo». Desafiou todas as regras e soportou todas as críticas. E, cando Marta morreu, Lope deixounos un novo testemuño daquel amor inmortal: «No quedó sin llorar pájaro en nido, / pez en el agua ni en el monte fiera, / flor que a su pie debiese haber nacido / cuando fue de sus prados primavera; / lloró cuanto es amor y hasta el olvido / a amar volvió por que llorar pudiera, / y es la locura de mi amor tan fuerte / que pienso que lloró también la muerte».

Isabel Díaz Ayuso contratou a Joaquín Leguina, así que é posible que deste asunto saian, non versos, pero si unha boa novela.

QOSHE - Isto é amor - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Isto é amor

5 0
01.04.2024

Mentres Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, defendía a inocencia da súa parella, esta, sen advertirllo, recoñecía os seus delitos e facía tratos para mellorar a súa situación coa xustiza. Estes feitos trouxeron á miña memoria un soneto de Lope de Vega («Desmayarse, atreverse, estar furioso»), onde di, entre outras cousas terribles, que amor é «dar la vida y el alma a un desengaño». No seu caso, a súa propia vida........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play