Leo en Amazon unha noticia que me deixa atónita: reduciuse a tres os libros que un autor pode presentar cada día para a autoedición. Tres libros ao día! Coma se fosen churros que se botan a unha tixola! Ningún autor de carne e oso pode escribir tres libros ao día. Son obras xeradas por unha intelixencia artificial (IA).

The Washington Post conta un caso dramático: tres semanas despois de publicar un libro técnico ao que o autor dedicou máis dun ano, apareceu outro no mercado escrito por unha IA co mesmo título e que trataba os mesmos temas.

A escritora Caitlyn Linch asegura que só 19 dos 100 libros máis vendidos en Amazon baixo a categoría romance contemporáneo estaban escritos por humanos, o resto eran produto dunha IA. E que pasa coas editoriais de libros? O mesmo. A elas chegan ducias de libros froito de pseudoautores, porque estes libros, moi previsibles no seu desenvolvemento, son estimados por moitos lectores, que os atopan máis fáciles de ler que os orixinais dun autor real.

Eu nunca fixen autoedición, sempre publiquei en editoriais, pero nuns meses sairán ao mercado dúas novelas miñas: unha antiga que sairá nunha colección de clásicos e unha nova, publicada por Edhasa. Vai parecer que as fixen mediante intelixencia artificial, ou, o que é peor, pode suceder, que alguén decida replicalas, como sucedeu no caso que conta The Washington Post. Lémbranse de O Divino Sainete de Curros Enríquez, cando Deus se asoma a ver o que está a suceder aquí abaixo e di «se este é o mundo que eu fixen, que veña ou demo e me leve!» Pois se Deus está así de desconcertado, imaxinen como se atopa esta vella avoa.

QOSHE - Libros escritos por intelixencia artificial - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Libros escritos por intelixencia artificial

13 0
29.02.2024

Leo en Amazon unha noticia que me deixa atónita: reduciuse a tres os libros que un autor pode presentar cada día para a autoedición. Tres libros ao día! Coma se fosen churros que se botan a unha tixola! Ningún autor de carne e oso pode escribir tres libros ao día. Son obras xeradas por unha intelixencia artificial (IA).

The Washington Post conta un caso dramático: tres semanas despois de publicar........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play