Daniel Noboa, presidente de Ecuador, para explicar a situación que está a vivir o país, dixo, en palabras textuais: «Tiven ovos de avestruz, non de cartón». Ou sexa que, como dicimos en España, botoulle ovos, e non pequenos, ao asunto. A poboación ecuatoriana tamén llos botou, e aos que nos tocou vivir esta situación non nos queda máis remedio que botarllos tamén. O malo é que a vida non é equitativa nunca, e nestes casos a falta de equidade faise máis patente. Algúns vivimos en zonas moi protexidas, e os ovos poden ser de pequeno tamaño, pero outras persoas viven en zonas onde os ovos deben ter o tamaño que tiñan os dos dinosauros, se é que aqueles animais poñían ovos.

Cos nosos pequenos ovos fixemos unha excursión ao miradoiro de Guápulo, onde a natureza desprega as súas galas e puidemos gozar dunha fermosa vista. Os meus fillos pensan que, xa que tiven a mala sorte de vir nun momento en que hai que sufrir todas as limitacións do estado de excepción, teñen que pasearme na medida do posible. E eu procuro que non se me note a miña mala conciencia de privilexiada para non augarlles a festa.

A verdade é que non me arrepinto en absoluto de estar aquí. Este país encántame: a súa vexetación exuberante e sensual, chea de vida, o seu clima tépedo, e sobre todo a amabilidade dos seus habitantes. Recoñécennos como estranxeiros en canto nos oen falar, e esfórzanse en axudarnos a atopar o que necesitamos, aínda que de momento conseguir unhas zapatillas de estar na casa do número 39 sexa un labor case imposible. O 36 é o número máis habitual.

Que sucederá mañá? Pois xa lles irei contando.

QOSHE - Miña vida cotían en Ecuador - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Miña vida cotían en Ecuador

4 0
19.01.2024

Daniel Noboa, presidente de Ecuador, para explicar a situación que está a vivir o país, dixo, en palabras textuais: «Tiven ovos de avestruz, non de cartón». Ou sexa que, como dicimos en España, botoulle ovos, e non pequenos, ao asunto. A poboación ecuatoriana tamén llos botou, e aos que nos tocou vivir esta situación non nos queda máis remedio que botarllos tamén. O malo é que a vida non é........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play