Moléstame moito que a xente poña ás súas obras títulos que non responden ao contido, senón que son un anzol para atraer o lector ou espectador. Por exemplo, Como curar a claustrofobia, e o único que atopa unha alí son consellos, máis ou menos ben intencionados, e de curación, nada. Pero eu caín no mesmo que critico. Hai uns días titulei un artigo Viaxando con Renfe, onde contaba a miña experiencia dunha viaxe de Vigo a Madrid. No asento contiguo viaxaba unha moza que tivo un comportamento estraño, e eu contei o que observara. O artigo tivo comentarios eloxiosos, pero dous lectores manifestaron a súa desconformidade. Transcribo as súas palabras: «Que pinta Renfe no titular. Pensei que era un artigo sobre o servizo que presta Renfe e resulta que é unha alegación á mala educación e falta de respecto na sociedade actual en xeral». «Renfe aparece en el titular de la noticia, la cual invita a pensar que el artículo va de cosas distintas a las que se narran. Es posible que Marina Mayoral no tenga nada que ver con el titular, pero alguien ha de hacérselo ver. Los titulares engañosos empiezan a ser demasiados ya».

Eu teño que confesar que son totalmente responsable do título. La Voz de Galicia é moi respectuosa cos seus autores, e a min nunca me cambiaron nin unha coma. E tamén debo dicirlles que lamento utilizar un título enganoso. Non era a miña intención, e recoñezo que debería titular Viaxando en tren, aínda que me queda a dúbida de se, nese caso, non serían máis as protestas dos lectores, debido a que eu só falei da miña experiencia particular e non das condicións, vantaxes e inconvenientes dese medio de transporte. En fin, xa saben: nunca chove a gusto de todos.

QOSHE - Sobre títulos de artigos - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Sobre títulos de artigos

6 0
17.12.2023

Moléstame moito que a xente poña ás súas obras títulos que non responden ao contido, senón que son un anzol para atraer o lector ou espectador. Por exemplo, Como curar a claustrofobia, e o único que atopa unha alí son consellos, máis ou menos ben intencionados, e de curación, nada. Pero eu caín no mesmo que critico. Hai uns días titulei un artigo Viaxando con Renfe, onde contaba a miña experiencia........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play