Véxoos polo meu barrio en Madrid, pero persoas con quen o comentei dixéronme que tamén están polos seus. A súa característica esencial, o que lles dá unha identidade propia, é que os seus ollos só miran á pantalla do móbil que levan nunha man; na outra adoitan levar unha pequena maleta e ás costas unha mochila. Hainos de todas as idades. Predominan os mozos, case adolescentes, pero vin mesmo a un bebé mirando un móbil. Ía nun carriño empuxado por unha muller, que á súa vez miraba o seu móbil. Non parecen agresivos, nin que teñan intención de molestar, pero se os ven vir, apártense, porque eles non o fan: tropezan contigo e, sen desculparse nin mirarche, seguen o seu camiño sen apartar a vista da pantalla.

Coido que son alleos ao mundo circundante, cara ao que manifestan un absoluto desinterese. Nos transportes públicos xamais se levantan para deixar o sitio a persoas maiores ou con minusvalías físicas, mesmo cando van ocupando asentos reservados para estas. En dúas ocasións, viaxando en coche e en autobús, puiden constatar que non miran a paisaxe. Se a persoa que os acompaña lles fai notar a beleza do lugar que están a percorrer, voltean a cabeza cara á xanela apenas un segundo e rapidamente volven mirar o seu móbil. Son robots humanos dependentes dunha pantalla.

E qué miran nos seus móbiles? Participan en xogos de tipo bélico ou en competicións deportivas. Todo moi insolidario e violento. E nada de cultura. ¿Qué sucederá se estes mozos se ven privado dos seus móbiles? ¿O seu cerebro será capaz de adaptarse ao mundo ou serán só máquinas desenchufadas que esperan que volva a elas a corrente? Poderán superar a súa adición ás pantallas e vivir a vida real? Oxalá.

QOSHE - Unha nova tribo urbana - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Unha nova tribo urbana

4 1
19.11.2023

Véxoos polo meu barrio en Madrid, pero persoas con quen o comentei dixéronme que tamén están polos seus. A súa característica esencial, o que lles dá unha identidade propia, é que os seus ollos só miran á pantalla do móbil que levan nunha man; na outra adoitan levar unha pequena maleta e ás costas unha mochila. Hainos de todas as idades. Predominan os mozos, case adolescentes, pero vin mesmo a un bebé mirando un........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play