A Cidade Mitade do Mundo é un complexo turístico e cultural situado ao norte da cidade de Quito. É un dos lugares máis visitados do Ecuador por turistas de todo o mundo. O principal atractivo é o monumento que sinala a localización exacta da liña que divide o globo terráqueo en dúas metades iguais. Esa liña está pintada de amarelo e os visitantes agardamos quenda para facernos a foto cunha perna a cada lado dela.

O monumento, de forma piramidal, ten 30 metros de altura e é unha homenaxe ás nacións (España, Francia e o Ecuador) que participaron activamente no trazado desa liña. Os avances na tecnoloxía GPS permitiron establecer que a liña real pasa uns metros máis ao norte do monumento, pero teño que dicir que me importa un pemento. Eles foron quen de facelo cun sextante e un compás e mirando as estrelas.

Durante séculos, a terra coñecida acababa en Finisterre (Finis terrae) e alí comezaba a Mar Tenebrosa, un océano no que aos perigos reais de tormentas, ondas xigantes ou calmas inacabables sumábanse as lendas terroríficas que facían aínda máis temible a travesía. E a ese océano lanzáronse uns mariños españois para trazar a liña da que se deriva todo o Sistema Métrico Decimal. O metro é a dez millonésima parte do cuadrante do meridiano terrestre, e por ese sistema réxese unha gran parte da humanidade.

A cara do monumento que ven os turistas cando chegan á Cidade Mitade do Mundo é a que mostra o escudo de España e os nomes dos mariños españois. Confésolles que aínda me dura a emoción que sentín daquela.

QOSHE - Viaxe a latitude 000 - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Viaxe a latitude 000

6 0
26.02.2024

A Cidade Mitade do Mundo é un complexo turístico e cultural situado ao norte da cidade de Quito. É un dos lugares máis visitados do Ecuador por turistas de todo o mundo. O principal atractivo é o monumento que sinala a localización exacta da liña que divide o globo terráqueo en dúas metades iguais. Esa liña está pintada de amarelo e os visitantes agardamos quenda para........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play