Disculpen a licencia poética do título. O que vou contar é a excursión a un dos lugares de lecer preferidos polos ecuatorianos: as termas de Papallacta, un dos mellores balnearios de augas termais. Pódese coller habitación e pasar alí unha noite, ou ir pola mañá e regresar no mesmo día. Eliximos a primeira opción, que nos deu dereito a un almorzo, a unhas piscinas privadas e a dous albornoces. Como somos catro tivemos que pagar por outros dous. As comidas veñen saír a 30 dólares por comensal.

A viaxe en si mesma é unha experiencia notable. A intres, unha néboa densa envolve o coche e non se ve nada, pero cando se despexa vense cascadas de auga descendendo desde o alto das montañas: un fermoso espectáculo. Papallacta está situado a 3.250 metros sobre o nivel do mar e chove continuamente. En canto saes da auga quente, un vento frío e unha choiva xeada envólvenche. Eu disfrutaba mantendo este meu vello e canso corpo dentro da miña parte de piscina, pero a familia decidiu pescudar a zona comunal, e eu fun con eles, maldicindo a miña curiosidade. Alí hai saunas, baños de burbullas, chorros de auga, masaxes e centos de persoas berrando, comendo (a comida sae a 10 dólares por adulto e 5 os nenos e anciáns), flotando felices na auga quente e saíndo de cando en vez para meterse nunha piscina de auga xeada. Xa saben, na vida hai gustos para todos.

Quizá a xente vai alí para esquecer por un día os problemas do estado de excepción, ou sinxelamente vai a pasalo ben. Abriron as instalacións ao público en 1994 e desde entón está sempre cheo.

En fin, eu seguirei a contarlles o que observo ao meu arredor.

QOSHE - Viaxe ao centro dunha nube - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Viaxe ao centro dunha nube

6 0
25.01.2024

Disculpen a licencia poética do título. O que vou contar é a excursión a un dos lugares de lecer preferidos polos ecuatorianos: as termas de Papallacta, un dos mellores balnearios de augas termais. Pódese coller habitación e pasar alí unha noite, ou ir pola mañá e regresar no mesmo día. Eliximos a primeira opción, que nos deu dereito a un almorzo, a unhas piscinas privadas e a dous albornoces. Como........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play