En canto empezou a campaña de vacinación, xurdiron como sempre voces que falan dos perigos de vacinarse e mesmo advirten de que en realidade as vacinas son un veleno que introducen no noso organismo e que a longo prazo ten consecuencias terribles.

Eu son fervorosa defensora das vacinas. Desde que Jenner descubriu a vacina contra as vexigas a fins do século XVIII, salváronse millóns de vidas ao longo destes últimos séculos. A porcentaxe de persoas a quen prexudicou unha vacina é ínfima en comparación cos beneficiados.

Nesta ocasión, a min chegáronme as advertencias en contra a través de tres amigas a quen o seu oculista, o seu xinecólogo e o seu médico de cabeceira lles dixeron que non se vacinen porque en realidade trátase de dar saída a vacinas que teñen almacenadas e que llas colocan ás persoas de máis idade porque esas non protestan. Ese argumento pódese entender doutra forma: póñenllas ás persoas de máis idade porque son quen máis o necesitan. E creo que eses médicos están a expresar os seus propios prexuízos e que as súas especialidades non lles proporcionan a bagaxe científica necesaria para cuestionar a eficacia das vacinas.

Eu vacineime hai uns días do covid e da gripe no Hospital da Moncloa e quedeime sorprendida da eficiencia e rapidez con que realicei ese trámite e da amabilidade e paciencia con que as persoas encargadas trataban a todo o mundo, mesmo a quen se empeñaba en saltarse a súa quenda. Foi unha boa experiencia.

Polo que se refire a se iso vai librarme de pillar o covid ou a gripe, respondo co título da película de Douglas Sirk, All that Heaven Allows, que se estreou en España como Solo el cielo lo sabe.

QOSHE - Voces contra as vacinas - Marina Mayoral
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Voces contra as vacinas

3 0
06.11.2023

En canto empezou a campaña de vacinación, xurdiron como sempre voces que falan dos perigos de vacinarse e mesmo advirten de que en realidade as vacinas son un veleno que introducen no noso organismo e que a longo prazo ten consecuencias terribles.

Eu son fervorosa defensora das vacinas. Desde que Jenner descubriu a vacina contra as vexigas a fins do século XVIII, salváronse millóns de vidas ao longo destes últimos........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play