Non teño nada de antixudeu e alégrame que Galicia fose na Idade Media terra de acollida para familias hebreas cando noutros reinos de España se arranxaban matanzas contra «o pobo deicida», e que entre os heroicos protectores de xudeus fuxidos do Holocausto estean as irmás Touza, de Ribadavia, que conseguiron salvar varios centos. Sei que a metade dos israelís rexeitan a política sionista de Netanyahu; que oficiais do exército xudeu deixaron a milicia para non participaren en accións de guerra en Gaza e Cisxordania; que o xornal hebreo Haaretz defende os dereitos humanos de israelís e palestinos; e sei tamén que cando a represión remate haberá xudeus que axudarán os palestinos a reconstruír os seus fogares. O antixudaísmo non ten xustificación.

Porén hai algo que ninguén pode negar: o poder do lobby israelí para condicionar a política, a información e a cultura no mundo. Hoxe, os mesmos líderes da Unión Europea que condenan a violencia de Putin xustifican a de Netanyahu. En marzo de 2022, a ONU cualificou de apartheid a ocupación israelí dos Territorios Palestinos, e parte da prensa occidental quitoulle dramatismo á palabra escribindo «apartheid» entre comiñas. Como se fose un apartheid cativo, daquela maneira. Naturalmente, o terrorismo de Hamás vai a pelo, sen comiñas, porque é terrorismo de verdade. E a Feira Internacional de Frankfurt cancelou o pasado 16 de outubro unha homenaxe á escritora palestina Adania Shibli.

A novidade da censura imposta polo lobby xudeu nos últimos anos está en que puxo o punto de mira na caricatura política. En 2019 o New York Times reproduciu unha viñeta do portugués António Moreira na que Netanyahu era o can de Trump. Como sería a presión sobre os responsábeis do xornal que decidiron non publicar ningunha máis e prescindiron de dous caricaturistas que levaban 30 anos como colaboradores! Pois o 17 de outubro, o xornal inglés The Guardian despediu o caricaturista Steve Bell despois de publicar unha viñeta na que Netanyahu vai operarse quitando do bandullo un anaco coa forma de Gaza. Bell levaba 40 anos no xornal.

A repercusión social desta censura selectiva é preocupante porque hai demasiada xente que traga o que lle boten. O actor e director Bradley Cooper rematou recentemente a película Mestre, na que interpreta o compositor Leonard Bernstein e, en procura da maior semellanza física, alongou o nariz cunha prótese. Pois des que se viu o tráiler, xa é antixudeu.

Teñen o rabo de palla e, claro, sempre pensan que llelo queiman.

QOSHE - Antixudaísmo - Siro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Antixudaísmo

5 37
04.11.2023

Non teño nada de antixudeu e alégrame que Galicia fose na Idade Media terra de acollida para familias hebreas cando noutros reinos de España se arranxaban matanzas contra «o pobo deicida», e que entre os heroicos protectores de xudeus fuxidos do Holocausto estean as irmás Touza, de Ribadavia, que conseguiron salvar varios centos. Sei que a metade dos israelís rexeitan a política sionista de Netanyahu; que oficiais do exército xudeu deixaron a milicia para non participaren en accións de guerra en Gaza e Cisxordania; que o xornal hebreo Haaretz defende os dereitos humanos de israelís e palestinos; e sei tamén que........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play