Non sei se antes, pero des que Eduardo Galeano dixo «la caridad es humillante porque se ejerce verticalmente y desde arriba; la solidaridad es horizontal e implica respeto mutuo», a caridade e a filantropía están mal vistas pola esquerda radical. De aí os ataques que desde Podemos lle largaba Pablo Iglesias a Amancio Ortega por costear equipos médicos de tecnoloxía avanzada para hospitais, mellorar o ámbito educativo de rapaces ou construír centros asistenciais para persoas maiores.

A min paréceme de fábula trocar a caridade, definida pola RAE como «limosna que se da o auxilio que se presta a los necesitados», pola solidariedade que nos faga sentir as necesidades alleas como propias e actuar en consecuencia; pero mentres non se produza esa revolución nas nosas conciencias e non se reconstrúa a sociedade, vou seguir sendo socio dalgunhas ONG e levando viandas —obre todo larpeiradas para os nenos— aos carros dos voluntarios do Banco de Alimentos, que piden a nosa colaboración na porta dos hipermercados. E seguirei aplaudindo a xenerosidade de Amancio Ortega, e a de Meryl Streep e Barbra Streisand, das que levo moitos anos namorado; e a de George Clooney e Elton John, aos que admiro; e a da escritora J. K. Rowling, creadora de Harry Potter, á que nunca lin nin lerei; e a do filántropo español Diego Hidalgo Schnur, que tanto predicou no deserto… As críticas de Pablo Iglesias, que en catro anos de político multiplicou por 50 o seu patrimonio, parécenme demagoxia moi torpe.

Remato cun caso insólito e pouco coñecido de caridade en Nadal, protagonizado por Franco. O día 14 de decembro de 1944, prensa e radio informaban de que o xefe do Estado dera 250.000 pesetas para que puidesen ser retirados da Casa de Empeños as prendas de abrigo e útiles de traballo depositados polas familias dos presos e penados. Nos tres primeiros días presentáronse na Casa de Empeños de Madrid 2.500 papeletas de prendas de abrigo e 200 de máquinas de coser. Un cronista escribía, conmovido: «El cuadro de las salas del Monte de Piedad en la mañana de hoy era emocionante. La alegría de las gentes que salían con sus mantas o sus prendas de abrigo rescatadas se reflejaba inequívocamente en el semblante de cada interesado. Algunos salían con los ojos húmedos». E remataba co obrigado parágrafo laudatorio: «En todo esto pensó, sin duda, el Caudillo cuando surgió en su corazón la iniciativa generosa y llamó con ella la atención de los que no habían recordado, en estas fechas, la tragedia de esos hogares que también son españoles. Y él quiere pensar en todo, especialmente en los que sufren».

Tiña corazón de manteiga.

QOSHE - Caridade en Nadal - Siro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Caridade en Nadal

5 0
16.12.2023

Non sei se antes, pero des que Eduardo Galeano dixo «la caridad es humillante porque se ejerce verticalmente y desde arriba; la solidaridad es horizontal e implica respeto mutuo», a caridade e a filantropía están mal vistas pola esquerda radical. De aí os ataques que desde Podemos lle largaba Pablo Iglesias a Amancio Ortega por costear equipos médicos de tecnoloxía avanzada para hospitais, mellorar o ámbito educativo de rapaces ou construír centros asistenciais para persoas maiores.

A min paréceme de fábula trocar a caridade, definida pola RAE como «limosna que se da o auxilio que se presta a los necesitados», pola solidariedade........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play