Atribúese ao xeneral Espartero a frase «hay que bombardear Barcelona cada 50 años para mantenerla a raya». Probablemente non a dixo, pero mandouna bombardear en 1842, durante 14 horas, e un ano despois fíxoo o galego Laureano Sanz y Soto de Alfeirán. O bombardeo repetiuse varias veces na Guerra Civil, e o problema, «el problema de Cataluña», non desapareceu. O problema de Catalunya é o catalanismo, e xa en 1909 advertira o poeta Joan Maragall: «El catalanismo no puede desaparecer, no os hagáis ilusiones». E con convicción profética engadiu: «Nunca, nunca, nunca, morirá; es la raya de Dios, es el genio particular, es el espíritu, es la lengua».

A ditadura de Primo de Rivera quixo resolvelo pola brava, levando os líderes ao exilio, prohibindo a senyera, o himno de Els Segadors, o idioma… Non valeu de nada; en 1939, despois da vitoria de Franco, a maior preocupación do poder civil e militar en Catalunya seguía a ser a erradicación do catalanismo, empezando polo idioma e a historia. Por iso Luis de Galinsoga, director de La Vanguardia, imposto polo Réxime, estoupou de carraxe en 1959 cando oiu un sermón en catalán nunha misa, e berrou: «¡Todos los catalanes son una mierda!». E Fraga, en 1968, advertiu ao editor dun libro que lle pareceu tendencioso: «Ocupamos Cataluña en 1939 y estamos dispuestos a ocuparla tantas veces como sea necesario. Por consiguiente, ya saben a qué atenerse, y aquí tengo el mosquetón para volver a utilizarlo».

As manifestacións contra a amnistía de Pedro Sánchez non son novidade. En agosto de 1931 o Estatuto de Catalunya chegou ás Cortes, pero non se debatiu ata que unha comisión rebaixou as competencias para axeitalo á Constitución. Aínda así houbo forte oposición popular con manifestacións en varias cidades, campañas de boicot aos produtos cataláns, universidades españolas que rexeitaban o idioma catalán no ensino e consignas demagóxicas nos panfletos.

O deputado Ortega y Gasset interveu no debate parlamentario o 3 de maio de 1932, e dixo como conclusión: «Pues bien, señores; yo sostengo que el problema catalán, como todos los parejos a él, que han existido y existen en otras naciones, es un problema que no se puede resolver, que solo se puede conllevar, y al decir esto conste que significo con ello no solo que los demás españoles tenemos que conllevarnos con los catalanes, sino que los catalanes también tienen que conllevarse con los demás españoles».

«Conllevar», velaí o verbo e velaí a clave. Eu non creo que se Pedro Sánchez non precisase os votos dos independentistas cataláns se preocupase tanto como agora de como «conllevarnos» cataláns e non cataláns; pero si penso que a súa amnistía é o intento menos malo. Outro bombardeo sería moitísimo peor.

QOSHE - El problema de Cataluña - Siro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

El problema de Cataluña

8 1
19.11.2023

Atribúese ao xeneral Espartero a frase «hay que bombardear Barcelona cada 50 años para mantenerla a raya». Probablemente non a dixo, pero mandouna bombardear en 1842, durante 14 horas, e un ano despois fíxoo o galego Laureano Sanz y Soto de Alfeirán. O bombardeo repetiuse varias veces na Guerra Civil, e o problema, «el problema de Cataluña», non desapareceu. O problema de Catalunya é o catalanismo, e xa en 1909 advertira o poeta Joan Maragall: «El catalanismo no puede desaparecer, no os hagáis ilusiones». E con convicción profética engadiu: «Nunca, nunca, nunca, morirá; es la raya de Dios, es el genio particular, es el espíritu, es la lengua».

A ditadura de Primo de........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play