As primeiras eleccións que recordo en España son as municipais de 1954, cando tiña once anos. E non as de Ferrol, nas que, como estaba previsto, saiu o alcalde posto a dedo en 1950, senón as de Madrid, onde se produciu un pucheirazo escandaloso do que me informou meu irmán, vinte e un anos maior ca min e que marchara á capital cando eu nacera.

As eleccións municipais empezaran a celebrarse en 1948, como unha trécola de Franco para aparentar a apertura do réxime ante os vencedores da Segunda Guerra Mundial, pero estaban controladísimas pola Falanxe e non había máis candidatura que a oficial, integrada por falanxistas identificados co réxime. Os críticos estaban vetados porque a Falanxe, que anoxaba as eleccións e seguía pensando que o mellor uso das urnas era rompelas, quería ser «movimiento que une y no partido que divide».

Aquel ano 1954 apareceu en Madrid a Candidatura Independiente, formada polos monárquicos Joaquín Calvo Sotelo, Juan Manuel Fanjul, Torcuato Luca de Tena e Joaquín Satrústegui. Todos apoiaran o alzamento en 1936, pero decontado pasaron a seren inimigos a erradicar. A persecución que sufriron nos días previos e na propia cita electoral nárrase na carta que tres días despois enviaron a Carrero Blanco, ministro subsecretario da Presidencia, que nunca respondeu. Esa carta deuna a coñecer Joaquín Satrústegui en 1976 como documento adxunto á entrevista que lle fixo o xornalista Julián Lago no libro Las contramemorias de Franco, e é unha restra de denuncias:

A Candidatura Independiente non puido publicitarse na rúa porque a policía detivo o persoal contratado para pegar os carteis. Nin en prensa e radio, porque a censura o prohibiu. Grupos violentos, armados con pistola nalgúns casos, agrediron a repartidores de candidaturas, incluída a dona de Satrústegui, atendida na Casa de Socorros. E a un mutilado de guerra, ferido cinco veces durante a Cruzada, que dispuña o traslado dos interventores aos colexios electorais; e ao poeta Leopoldo Lovelace para roubarlle as credenciais de 23 interventores. Douscentos interventores coa documentación en regra foron rexeitados polos presidentes de mesa, sabedores do que facían, porque nas mesas onde a Candidatura Independiente tivo interventores duplicou os votos da oficial; e onde non os tivo, a oficial multiplicou por oito os da Independiente.

Os ferroláns antifranquistas tomaron con humor aquelas óperas bufas. Non votaron, e cando corría o viño cantaban nos bares:

Los concejales de Amén

dicen a los de Así Sea:

?Díjolo el señor alcalde,

cabrón el que no lo crea.

QOSHE - Eleccións - Siro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Eleccións

11 4
10.02.2024

As primeiras eleccións que recordo en España son as municipais de 1954, cando tiña once anos. E non as de Ferrol, nas que, como estaba previsto, saiu o alcalde posto a dedo en 1950, senón as de Madrid, onde se produciu un pucheirazo escandaloso do que me informou meu irmán, vinte e un anos maior ca min e que marchara á capital cando eu nacera.

As eleccións municipais empezaran a celebrarse en 1948, como unha trécola de Franco para aparentar a apertura do réxime ante os vencedores da Segunda Guerra Mundial, pero estaban controladísimas pola Falanxe e non había máis candidatura que a oficial, integrada por falanxistas........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play