Se o wasap fose do día 28, pensaría que era unha inocentada, pero recibino o 25 e só dicía: «PP e PSOE chegan a un acordo na mesa do Senado». Incrédulo, boteime ao xornal, e era certo: os membros dos dous partidos acordaran unha falcatrúa legal para incrementaren as súas retribucións nun 13 %. O vicepresidente Javier Maroto, do PP, pasaría de 135.449 a 152.054 euros brutos anuais; e o vicepresidente Guillermo Fernández Vara, do PSOE, de 136.054 a 146.519. Os secretarios mellorarían as súas na mesma proporción. Íano facer á caladiña, pero, ao sabelo a prensa e comentalo, recuaron. De inocentada, nada.

As inocentadas en forma de bromas enxeñosas e divertidas non faltaron cada 28 de Nadal, durante un século, en diarios serios e circunspectos, e despois en TVE. O xornalista José Miguel Burgueño recolleu mil no libro Se vende La Cibeles, editado en 2022, e cómpre imaxinar o pasmo dos lectores ao saberen que os cacos roubaran pola noite un león do Congreso, que aparecera unha balea no lago da Casa de Campo de Madrid ou que o Concello perdoaría as multas de tráfico aos coches con matrículas que rematasen igual que o premio do Sorteo do Neno. Tamén Rosa María Calaf, correspondente de TVE en Moscú, nos contou que Boris Yeltsin non se chamaba Boris nin era ruso, que nacera en Ronda. Canta razón tiña miña nai cando dicía: «Mentir con gracia, sabedoría quere». Pero iso é pasado e os xornais xa non publican inocentadas porque todo o ano andamos entre trolas e noticias falsas. En 1959, Groucho Marx afirmaba moi en serio: «A mentira converteuse nunha das máis importantes industrias dos Estados Unidos». En España, hoxe tamén; e ninguén está libre de ser vítima, nin o informador veraz de caer na trampa e entrar no xogo dos tramposos. A mediados de novembro, medio cento de militares xubilados —abuelitos Cebolleta— distribuíron un manifesto no que pedían aos colegas en activo a destitución pola brava de Pedro Sánchez, pero o xeneral Yago Fernández de Bobadilla, o primeiro da lista, denunciou que no documento por el asinado non aparecía a incitación ao golpe de Estado, «que rechazo enérgicamente y que va totalmente en contra de mis valores democráticos, que coinciden con los de la inmensa mayoría de la sociedad española». O xeneral culpa da manipulación o excapitán José Manuel Adán Carmona, que estivo en todas as iniciativas golpistas recentes; pero el é, como mínimo, culpable de andar en malas compañías.

Doe recoñecelo, pero estamos nun mundo aberrante no que se impoñen os pillos, os canallas e os Herodes que matan a inocencia.

QOSHE - Inocentes, pillos e canallas - Siro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Inocentes, pillos e canallas

5 12
30.12.2023

Se o wasap fose do día 28, pensaría que era unha inocentada, pero recibino o 25 e só dicía: «PP e PSOE chegan a un acordo na mesa do Senado». Incrédulo, boteime ao xornal, e era certo: os membros dos dous partidos acordaran unha falcatrúa legal para incrementaren as súas retribucións nun 13 %. O vicepresidente Javier Maroto, do PP, pasaría de 135.449 a 152.054 euros brutos anuais; e o vicepresidente Guillermo Fernández Vara, do PSOE, de 136.054 a 146.519. Os secretarios mellorarían as súas na mesma proporción. Íano facer á caladiña, pero, ao sabelo a prensa e comentalo, recuaron. De inocentada, nada.

As inocentadas en forma........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play