Cando souben que nun canal de YouTube varios homes de negro xogaban a ser graciosos pensei que poderían ser imitadores de Les Luthiers facendo La gallina dijo: ¡Eureka!, que me gusta moito; pero non eran imitadores de Les Luthiers, que eran os sacerdotes da tertulia La Sacristía de La Vendée falando do papa. Un dicía:

—Yo rezo mucho por el Papa, para que pueda ir al Cielo cuanto antes.

E todos rían coa picardía, e sumábanse ao rezo:

—Yo me uno a esas oraciones por el Santo Padre.

—Somos muchos con esa intención.

—Pues a ver si rezamos más fuerte.

Son cregos enrabechados coa política diocesana —que coidan de templagaitas— e presentan o programa como «una tertulia sacerdotal contrarrevolucionaria y una humilde trinchera de Cristo Rey». Era boa! De contrarrevolucionaria, nada: tridentina. E de humilde, menos; porque o pecado destes cregos é a soberbia. Séntense por riba dos bispos e de Deus, e por iso un día eloxian a vida de Franco e outro rezan pola morte de Francisco. De xente así fala a Epístola aos Romanos: «Profesando ser sabios, fixéronse necios».

Son necios, si; e ao verse sinalados en Religión Digital como «parvos» e «ovellas negras» por membros da Conferencia Episcopal e sacerdotes de distintas dióceses, defendéronse dicindo que fora broma, despois que foran mal entendidos, e remataron facéndose os agraviados, negando a acusación talmente como Aznar e Acebes negan aínda hoxe a autoría xihadista dos atentados do 11M; e suspenderon o programa.

O malo é que a Sociedad Sacerdotal de los Apóstoles de Jesús y María, que naceu «para combatir la gravísima crisis causada en la Iglesia por el concilio Vaticano II» e ve en Francisco «un papa demoledor de la fe», acúsaos de torpes e covardes por non defender o dereito de tentar acortar a vida do papa con pregarias e «batirse en poco honorable retirada». Porque a tal distanciamento da mensaxe de Xesús chegou o catolicismo integrista e non tan integrista, que desexar a morte do papa é lícito cando se cumpren as condicións que o teólogo español Antonio Royo Marín —seguindo a Tomás de Aquino— sinalara na Teología Moral para Seglares, en 1964: «Pero es lícito desear (…) la muerte de un escritor impío o de un perseguidor de la Iglesia para que no siga haciendo daño a los demás». E, claro, como Francisco é comunista e ata pode que o mesmísimo anticristo, orar para que vaia ao ceo polo atallo é o máis natural nestes lexionarios da fe e da Igrexa.

Aos catoliquísimos oíntes facíanlles tanta graza como se imitasen a Les Luthiers e cantasen:

«La gallina estaba clueca, puso un huevo y dijo: ¡Eureka!».

QOSHE - Matar con pregarias - Siro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Matar con pregarias

17 24
16.03.2024

Cando souben que nun canal de YouTube varios homes de negro xogaban a ser graciosos pensei que poderían ser imitadores de Les Luthiers facendo La gallina dijo: ¡Eureka!, que me gusta moito; pero non eran imitadores de Les Luthiers, que eran os sacerdotes da tertulia La Sacristía de La Vendée falando do papa. Un dicía:

—Yo rezo mucho por el Papa, para que pueda ir al Cielo cuanto antes.

E todos rían coa picardía, e sumábanse ao rezo:

—Yo me uno a esas oraciones por el Santo Padre.

—Somos muchos con esa intención.

—Pues a ver si rezamos más fuerte.

Son cregos enrabechados coa política diocesana........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play