Pode que en todas as civilizacións a muller fose considerada inferior ao home, pero na xudea xa é antes de nacer. No Antigo Testamento (Levítico, Capítulo 12), Yahvé explica a Moisés que cando unha muller dá a luz un varón queda impura sete días e durante corenta non poderá tocar cousa santa nin ir ao santuario. Pero —ollo!—, se dá a luz unha nena, quedará impura dúas semanas e non tocará cousa santa nin irá ao santuario durante oitenta días.

Que nunha sociedade tan radicalmente patriarcal Xesús non discriminase a muller, senón máis ben o contrario, tivo que resultar escandaloso; como escandalosas serían as palabras de San Pablo: «En Cristo xa non hai xudeu ou grego, non hai servo ou libre, non hai varón ou muller, porque todos son un en Cristo Xesús» (Gálatas 3, 26-28). O que pasa é que San Pablo, como tantos outros líderes, non cría no propio discurso, e na Epístola aos Colonenses ordena: «Mulleres, sometédevos aos vosos maridos como convén no Señor». A mesma mensaxe fíxoa chegar aos efesios e aos corintios, pero nesta última epístola engade que as mulleres non falarán nas asembleas porque é indecoroso e, se queren aprender algo, os seus homes explicaranllo na casa.

O malo foi que os bispos seguiron a San Pablo e non a Xesús, e durante dous mil anos as mulleres foron no mundo cristián «seres para outros», incapaces de protagonizar as propias vidas e moito menos de seren suxeitos históricos. Por iso o xesuíta Enrique Herrera Horia celebrou a Reforma do Ensino Medio na España Nacional, en 1938: «Vuelta a la sana tradición que veía en la mujer la hija, la esposa, la madre, y no la intelectuada pedantesca que intenta en vano igualar al varón en los dominios de la ciencia. Que seáis mujeres de casa. No sabidillas, sino sabias de las cosas de casa». E por iso, en 1941, o cardeal Segura prohibiu a presenza da muller nas procesións penitenciais da Semana Santa sevillana.

O que si recoñeceron os bispos na muller é a condición de «escuro obxecto de desexo», que as moi perversas salientan con malas artes e mañas. En 1951, o sacerdote falanxista Venancio Marcos dicía nunha charla de orientación relixiosa: «Así ¡cómo no van a pecar los pobres hombres! La culpa la tienen ellas. ¡Si fuesen un poco más recatadas!». E en 1960, o capuchino Quintín de Sariegos, no libro Luz en el camino: «En el 90 % de los casos, son ellas las que desperezan la fiera que duerme en la naturaleza del hombre con el ofrecimiento de su cebo apetitoso».

Non é auga pasada. O catolicismo integrista mantén estas ideas e ata quere que a muller volva levar velo no templo: «Muller, entra na igrexa coa cabeza cuberta, co orgullo de ser sumisa, humilde e obediente, sabendo que honras a Deus». Por iso coido que o feminismo debería poñerlle un chisco de humor ao Día da Muller honrando a Eva, que comeu a mazá da sabedoría e deulle a Adán o carozo.

QOSHE - No Día da Muller - Siro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

No Día da Muller

2 1
09.03.2024

Pode que en todas as civilizacións a muller fose considerada inferior ao home, pero na xudea xa é antes de nacer. No Antigo Testamento (Levítico, Capítulo 12), Yahvé explica a Moisés que cando unha muller dá a luz un varón queda impura sete días e durante corenta non poderá tocar cousa santa nin ir ao santuario. Pero —ollo!—, se dá a luz unha nena, quedará impura dúas semanas e non tocará cousa santa nin irá ao santuario durante oitenta días.

Que nunha sociedade tan radicalmente patriarcal Xesús non discriminase a muller, senón máis ben o contrario, tivo que resultar escandaloso; como escandalosas serían as palabras de San Pablo: «En Cristo xa non hai xudeu ou grego, non hai servo ou libre, non hai........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play