Moito agradecín ao alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, o espectáculo da súa voda con Teresa Urquijo. Ver a feliz parella marcarse un chotis innovador, non en plan Pichi e Paca la Madriles; non nunha baldosa; non moi apretao nin moi cimbreao, nin coa graza dun piropo retrechero; pero si un chotis con moita risa entre moito modeliño choqueiro-entroido-ourensán, reconcilioume un par de horas coa clase política. Ao alcalde Almeida eu enténdoo. Arela ser un alcalde popular e por iso quixo trocar o tradicional e aristocrático vals vienés polo chotis madrileño castizo. O malo —pensaba— é que Celia Gámez celebrara en 1939 a entrada do Exército franquista en Madrid co chotis Ya hemos pasao e que Vox o utilizara en Twitter para celebrar a súa entrada no Concello de Madrid, no 2019.

—¡Si es facha, no! —berrou Almeida, arrepiado, aos asesores.

Pero un ben informado tranquilizouno: en 1932, na ilusionada España republicana soaba o chotis Es mi Manuel, dedicado nada máis e nada menos que a don Manuel Azaña:

Manuel, Manuel, Manuel

has de saber que aquí en España

no es igual la hazaña de Manuel

que la de Manuel Azaña.

Tamén o poeta Marcos Ana, o preso político que cumpriu a condena máis longa no franquismo (23 anos), contara nunha entrevista que el e outros camaradas chamaban «a Pepa» á pena de morte e mentres esperaban seren xulgados, cantaban un chotis que dicía:

Es la Pepa una gachí

que está de moda en Madrid

y que tiene predilección por los rojillos.

Cuando viene esta mujer

a la cárcel de Porlier

al más bravo se le anuda el solomillo.

Ata o director do cárcere, Amancio Tomé, tiña o seu chotis nunha variante de La verbena de la Paloma:

¿Dónde vas con las barbas de chivo?

¿Dónde vas don Amancio Tomé?

A la plaza, a comprar zanahorias

pa los presos que tengo en Porlier.

Ademais —engadiu o asesor informado—, nas primeiras eleccións democráticas o candidato da UCD á alcaldía de Madrid, José Luis Álvarez, fixo campaña con El chotis del alcalde e gañou; pero Tamames deulle os votos a Tierno, quen en 1985 se marcaría un chotis con Rocío Jurado no escenario do Palacio de Deportes ante miles de persoas que o ovacionaron con fervor. Aí Almeida decidiuse:

—¡Chotis!

E houbo chotis. Un chotis daquela maneira, un chotis de circunstancias. Co organillo non se atreveu e buscou amparo na voz de Plácido Domingo; pero un político que arma a tremolina, non cabrea e divirte, ben merece un aplausiño e eu doullo.

QOSHE - O chotis de Martínez?Almeida - Siro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O chotis de Martínez?Almeida

6 15
13.04.2024

Moito agradecín ao alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, o espectáculo da súa voda con Teresa Urquijo. Ver a feliz parella marcarse un chotis innovador, non en plan Pichi e Paca la Madriles; non nunha baldosa; non moi apretao nin moi cimbreao, nin coa graza dun piropo retrechero; pero si un chotis con moita risa entre moito modeliño choqueiro-entroido-ourensán, reconcilioume un par de horas coa clase política. Ao alcalde Almeida eu enténdoo. Arela ser un alcalde popular e por iso quixo trocar o tradicional e aristocrático vals vienés polo chotis madrileño castizo. O malo —pensaba— é que Celia Gámez celebrara en 1939 a........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play