Metaforicamente, claro; porque que Cataluña vaia despegarse do puzle español por mor da amnistía do Goberno Frankenstein non o cren nin Feijoo nin Abascal nunha noite de troula. O certo é que está máis unida que no 2017, e aínda que a dereita cualifica de pamplinas e chorradas os argumentos do Goberno sobre a perda de apoio dos partidos independentistas, os números cantan. Nas eleccións xerais do 2023, que gañou o PSC por goleada, subindo de 12 a 19 escanos, Esquerra perdeu 6 e Junts 1. Ademais, o Centre d’Estudis d’Opinió deu a coñecer no setembro pasado un dato importantísimo: o apoio á independencia de Cataluña nos mozos de 18 a 24 anos baixou do 59 % ao 35 %. En fin, que quen rompe —metaforicamente, claro— é Cataluña. A outra alternativa, a de «todos a la cárcel» en plan Berlanga, ou a do bombardeo do Parlament, preferida por un dos avós Ceboleta que pediron ao Exército un golpe de Estado, non daría estes resultados e por iso os cataláns non independentistas que apoian co seu voto a amnistía (PSC e Sumar-ECP) son 1.706.556, e os que a condenan (PP e VOX), 742.140.

Porén, España leva tempo rota en metades enfrontadas ideoloxicamente e irreconciliábeis. Hai sete anos gobernaba en Ferrol a Marea e cando lle propuxen ao alcalde crearmos na cidade de Franco e de Pablo Iglesias o Museo da Reconciliación, foi sincero e respondeume que se expoñía a idea chimparíano do partido. Agora envieille a proposta ao do PP, pero sospeito que o resultado da xestión será o mesmo.

Hai tamén unha España católica, en gran parte aliñada coa dereita, e outra España agnóstica, en gran parte anticlerical e aliñada coa esquerda. Conta Menéndez Pidal que Alfonso XIII visitou a Pío XI en 1923 e para eloxiar a devoción dos españois ofreceullos como guerreiros da fe: «Si levantarais una nueva cruzada contra los enemigos de nuestra sacrosanta religión, España y su rey jamás desertarían del puesto de honor». O papa recordoulle que en España hai tamén «fillos amadísimos que se negan a achegarse ao Corazón Divino», aos que el bendice e dirixe os seus pensamentos e o seu amor.

Menéndez Pidal valora o papa que denuncia como erro político a afirmación dunha España única e pide respecto para a España disidente. E engade: «¡Cuánto trastorno catastrófico, y qué inundación de sangre se hubiera evitado si los unos y los otros, en vez de negar existencia a la España contraria, la hubiesen reconocido mutuamente con amoroso deseo de atracción, según la reconoce conmovido Pío XI». Era o ano 1947.

Hai aínda outras dúas Españas: a dos españois ricos e a dos españois pobres, e as comunidades gobernadas polo PP e o PP e Vox contribúen a facer esa fractura abismal. E aquí non hai metáfora.

QOSHE - Romper España - Siro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Romper España

7 12
27.01.2024

Metaforicamente, claro; porque que Cataluña vaia despegarse do puzle español por mor da amnistía do Goberno Frankenstein non o cren nin Feijoo nin Abascal nunha noite de troula. O certo é que está máis unida que no 2017, e aínda que a dereita cualifica de pamplinas e chorradas os argumentos do Goberno sobre a perda de apoio dos partidos independentistas, os números cantan. Nas eleccións xerais do 2023, que gañou o PSC por goleada, subindo de 12 a 19 escanos, Esquerra perdeu 6 e Junts 1. Ademais, o Centre d’Estudis d’Opinió deu a coñecer no setembro pasado un dato importantísimo: o apoio á independencia de Cataluña nos mozos de 18 a 24 anos........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play