Sábado de decembro. Movidos por mans amigas citámonos para unha visita guiada —pola voz mestra de Manolo Bragado— dunha das sete exposicións cidadáns, a de Vigo no tempo, que baixo patrocinio da Cidade da Cultura dan conta dunha historia da Galicia urbana. Unha historia contada que reconcilia coa cidade que, nestes 51 anos con casa aberta nela, fomos vendo construíren.

Moitas son as descubertas que nos propón a visita. Por escoller, outra vez o ferrocarril e o servizo especial para Galicia que ofertaba no 1882 un enlace directo con Madrid —34 horas— por Portugal, mesmo con transbordo por barco no Miño, a falta de tres ou catro anos para contar coa ponte dobre de ferro entre Tui e Valença. Un servizo especial quizais premonitorio do tempo que vén.

E naquel tempo, un plano de Vigo do século XVIII no que aparecen marcados os distintos tipos de cultivos con vides e montes. Jorge Lamas, en La Voz de Galicia, nunha da súas achegas da vida e a historia e a economía de Vigo, lévanos a partir del ao mundo da industria do viño e a súa regulación na cidade. Unha regulación que marcaba tempos de colleita —mais tamén o tempo de abillar o viño novo non antes do San Martiño, un tempo que coincide con aquel establecido para a venda do Beaujolais nouveau o terceiro xoves de novembro, logo do santo Alberte—, mais tamén diferenciando prezos entre o «viño de parra» e o de «cepa redonda», mais caro. Diferenza que emociona. Era logo novembro de 1801.

Unha peza, a de Jorge Lamas, que leva a enredar de novo en La Galice de Abel Bouhier por recordar «a exacta importancia do cultivo da vide» xa nos anos 60 e 70 do século XX. E mesmo a súa evolución non só económica e tecnolóxica, senón no que foi a ocupación e transformación do territorio, sempre escaso en Galicia, e a introdución dos acordos de aluguer e transformación de montes veciñais en terra de viñedo, alternativo ó eucaliptal. Unha evolución sorprendente que se pode seguir, e comparar coa realidade actual, dende a análise de Jesús García Fernández sobre os viñedos do sur de Galicia, no seu libro Organización del espacio y economía rural de la España Atlántica, publicado no 1974.

Unha industria do viño galego da que conta Roque Durán, coñecido corenta anos atrás naquela Galería Sargadelos da rúa Zurbano de Madrid, dirixida por Inés Canosa. Do xornalismo e do seu Cambados familiar achegouse á vida do viño e a súa industria, da que falou con Sofía Vázquez na entrevista que lle fixo en La Voz. Unha industria, Terras de Asorei, na que seis familias acordaron desenvolver unha vía alternativa á introdución das grandes adegas de capital de fora investindo en Galicia. Unha industria do viño que, dende o Servizo de Extensión Agraria en Cambados, co valenciano Jesús Requena, entre outros, e Xosé María Fonseca, o seu xefe daquela, comeza a transformar territorios, economías e culturas. Unha Galicia no tempo tamén económica.

QOSHE - De Galicia a Vigo no tempo: ferrocarril, vides e viño - Uxío Labarta
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

De Galicia a Vigo no tempo: ferrocarril, vides e viño

5 1
22.12.2023

Sábado de decembro. Movidos por mans amigas citámonos para unha visita guiada —pola voz mestra de Manolo Bragado— dunha das sete exposicións cidadáns, a de Vigo no tempo, que baixo patrocinio da Cidade da Cultura dan conta dunha historia da Galicia urbana. Unha historia contada que reconcilia coa cidade que, nestes 51 anos con casa aberta nela, fomos vendo construíren.

Moitas son as descubertas que nos propón a visita. Por escoller, outra vez o ferrocarril e o servizo especial para Galicia que ofertaba no 1882 un enlace directo con Madrid —34 horas— por Portugal, mesmo con transbordo por barco no Miño, a falta de tres ou catro anos para contar coa ponte dobre de ferro entre Tui e Valença. Un servizo especial quizais........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play