Deixei para Reis Río Miño. Unha viaxe entre solsticios, de Xesús Fraga levado polo gusto daquela súa Virtudes, mais tamén polo engado de quen escolle os ríos, as súas ribeiras ou as súas fragas como descubertas da vida.

Había unha outra razón para cobizar esa lectura. Ser premiado por Eurostars na súa Narrativa de Viaxes. Un premio descuberto nun hotel dunha viaxe americana que permitía acougar nas mañás de hora adiantada coa escrita de Paco Nadal no seu Pedro Páramo ya no vive aquí.

Aínda sabendo que a viaxe proposta por Xesús Fraga non sería aquela xeografía —nin as súas fotos— de Os ríos galegos de Otero Pedraio na Editorial Castrelos, nin O Miño de Eliseo Alonso, sabía que daría cos mosteiros, as viñas e as pontes. Tamén coas barcas de paso sobre o Miño, como aquela de Chouzán chegando ós Peares usada polo Padre Sarmiento, ben apuntadas no mapa de Fontán. E deixando as insuas chairegas e mais Lugo, pasado Portomarín e tamén Belesar, chegarmos para asombrarnos ao Santo Estevo de Ribas de Miño. Tamén lendo Río Miño.

Acordando no seu peitoril do contado por Fraga sobre o represamento do Miño. En Belesar, sobre de todo en Belesar e, mais logo, mesmo en Belesar II. Río abaixo nos Peares, Velle, Castrelo de Miño —o mais loitado—, e Frieira. Extinguidos xa os dereitos daquel paralizado salto de Sela, nas Neves, cincuenta anos despois. Todos eles seica un monumento ao progreso, «que chegaba e se espallaba sobre a cabalgadura invisible da corrente eléctrica», represando o río nun cento de quilómetros por aquelo da enerxía necesaria.

Non dera acabado a lectura de Río Miño, e La Voz de Galicia entrega a noticia de que empresas eléctricas queren instalar dez novas centrais hidroeléctricas de bombeo, que poderían duplicar a produción de enerxía hidroeléctrica en Galicia. De tempo recente son esas centrais de bombeo das que agora se inicia a súa tramitación, que en vez dun encoro han ter dous. Un por riba e outro por baixo, de forma que a auga usada pola caída do primeiro encoro para producir electricidades en troques de volver ao río, como sucede naqueles do Miño, —por máis que sexa «por unha espita de alivio controlado e autorizado»—, permaneza no segundo encoro até cando a demanda, o mercado, o indique, para bombeala ao primeiro encoro e producir de novo outra vez mais enerxía. A auga mantida no encoro como reserva de enerxía.

Indo esta vez os novos encoros outra volta sobre O Miño, alcanzando seica ao Arnoia. Tamén ao Sil, enredado nesta co Bibei e o Xares. Entrar no Tambre, e nos lagos das Pontes e As Encrobas, e de novo naquel Xallas. Tramitándose en Madrid, Ministerio da Transición, e Galicia, Augas de Galicia en Infraestruturas e Mobilidade —non na Vicepresidencia de Medio Ambiente—, en función da conca hidrográfica de instalación (Miño-Sil, Galicia Costa), Proxectos que duplicarían o que producen os ríos de Galicia, sendo que se manteña a dispoñibilidade de recurso hidráulico —auga sempre— en tempos de seca. E aló ira o río, os ríos.

QOSHE - Enerxía nova dos ríos, tamén no Miño - Uxío Labarta
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Enerxía nova dos ríos, tamén no Miño

11 0
11.01.2024

Deixei para Reis Río Miño. Unha viaxe entre solsticios, de Xesús Fraga levado polo gusto daquela súa Virtudes, mais tamén polo engado de quen escolle os ríos, as súas ribeiras ou as súas fragas como descubertas da vida.

Había unha outra razón para cobizar esa lectura. Ser premiado por Eurostars na súa Narrativa de Viaxes. Un premio descuberto nun hotel dunha viaxe americana que permitía acougar nas mañás de hora adiantada coa escrita de Paco Nadal no seu Pedro Páramo ya no vive aquí.

Aínda sabendo que a viaxe proposta por Xesús Fraga non sería aquela xeografía —nin as súas fotos— de Os ríos galegos de Otero Pedraio na Editorial Castrelos, nin O Miño........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play