Levaban algúns meses agardando. Mais lembro o comentario dun vello profesor que dicía que non hai que apurar as novidades, mesmo para que deixen de selo. Se daquela resisten a lectura é que pagan a pena, non son flor dun día. Tal é o caso da novela de Marilar Aleixandre, As malas mulleres (Galaxia, 2021), Premio Blanco Amor no seu momento, Premio Nacional de Narrativa no ano 2022, e a última de Fina Casalderrey, A muller xabaril (Xerais, 2023). Ambas as dúas autoras son compañeiras na RAG. Non podo disimular certo escrúpulo comentando o seu traballo. Ambas as dúas, aínda que con distintos rexistros, botan man da realidade documentada (e ficcionada) non só para construír o relato, mais para reconstruír o mundo, mesmo unha época determinada da nosa historia, un conflito.

Fina Casalderrey reconstrúe a historia de Adelina, a quen na nosa infancia pontevedresa chamabamos a «Jabalina» (a muller xabaril), unha muller da parroquia de Xeve nos anos 50 do pasado século, que habitaba a marxinalidade, rodeada dunha lenda que asustaba os nenos e desconcertaba os adultos que algún trato tiveron con ela. A novela de Marilar Aleixandre lévanos á Galicia do século XIX e os primeiros anos do século XX: a cidade da Coruña como pano de fondo e catro figuras femininas que cadran no tempo e están moi presentes no relato: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega e Concepción Arenal, aínda que a historia está centrada nunha personaxe de ficción (ou semificción), Sisca, vítima inocente que acaba na vella prisión da Galera. A autora fai un importante traballo de documentación, tanto respecto das personaxes históricas como do contexto no que se desenvolve a novela, o que lle dá unha grande consistencia e verosimilitude, con pasaxes especialmente conmovedores referidos á protagonista.

Eran tempos especialmente difíciles, sobre todo para a muller, tanto nun caso coma no outro. Adelina vive a Guerra Civil e a posguerra. Sisca, na historia de Marilar, o mundo escuro e represivo da segunda metade do século XIX, malia os esforzos progresistas por mudar usos e actitudes. «A xustiza é un morcego que voa en zigzag, non sempre vai para adiante», escribe a autora en determinado momento, mais tamén unha frase que atribúe a Emilia Pardo Bazán: «Se queres, podes». Hai un final de esperanza que o lector agradece.

Velaquí dous exemplos dun fenómeno que caracteriza as nosas letras nesta entrada de século. Sen desmerecer a ninguén. Refírome ao pulo e á calidade das narradoras, ou mellor: das literatas, seguindo o texto histórico de Rosalía de Castro: poetas, autoras teatrais, cineastas, compositoras e intérpretes musicais… Certo que temos problemas (de recepción, de difusión, de infraestruturas), mais en poucos momentos a creación acadou tanta intensidade, calidade e recoñecemento mesmo alén das nosas fronteiras coma neste etapa que estamos a vivir.

QOSHE - Dúas novelas excelentes - Víctor F. Freixanes
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Dúas novelas excelentes

3 0
14.01.2024

Levaban algúns meses agardando. Mais lembro o comentario dun vello profesor que dicía que non hai que apurar as novidades, mesmo para que deixen de selo. Se daquela resisten a lectura é que pagan a pena, non son flor dun día. Tal é o caso da novela de Marilar Aleixandre, As malas mulleres (Galaxia, 2021), Premio Blanco Amor no seu momento, Premio Nacional de Narrativa no ano 2022, e a última de Fina Casalderrey, A muller xabaril (Xerais, 2023). Ambas as dúas autoras son compañeiras na RAG. Non podo disimular certo escrúpulo comentando o seu traballo. Ambas as dúas, aínda que con distintos rexistros, botan man da realidade documentada (e ficcionada) non só para construír o........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play