O pasado 6 de outubro cumpríuse o primeiro centenario de Andrés Martínez Salazar (Astorga, 1846-A Coruña, 1923), que foi segundo presidente da Real Academia Galega, despois de Manuel Murguía, arquiveiro, anticuario, notable publicista, paleógrafo, historiador e moi principalmente editor, animador de proxectos e empresas editoriais que, na xustiza que peneira o tempo, hoxe consideramos capitais para a historia da nosa cultura e da nosa literatura. Refírome sobre todo á Biblioteca Gallega, a biblioteca do Rexurdimento, que Martínez Salazar inicia en 1885 en parcería con Juan Fernández Latorre, quen tres anos antes fundara La Voz de Galicia.

Pedro López Gómez, que foi director do Arquivo do Reino de Galicia, igual que no seu día Martínez Salazar e Manuel Murguía, vén de presentar unha documentada bio-bibliografía que recomendamos (Anexos BRAG). Martínez Salazar pertence a ese grupo de astorganos, maragatos, leoneses e xente de fóra de nós que viñeron vivir connosco e aquí ficaron, mesmo protagonizando capítulos especialmente relevantes da nosa historia. Na crónica da nosa cultura a Biblioteca Gallega (53 volumes ata 1904, ano en que tivo que cerrala) é un referente fundamental, cunha nómina de títulos e autores que vai dende Los precursores de Manuel Murguía, primeiro da colección, ás novelas de Benito Vicetto, de quen estamos a celebrar o segundo centenario do seu nacemento, pasando por Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Antonio de la Iglesia, Marcelo Macías (astorgano igual ca el, tan querido de Otero Pedrayo), Aurelio Ribalta, Francisco Añón, Heraclio Pérez Placer, Juan García Caballero, Salvador Cabeza de León, Emilia Calé, Antonio López Ferreiro, Álvarez de Nóvoa, Sofía Casanova…, en galego e en castelán. Que nómina! E alén deste programa, a recuperación de textos como as Proezas de Galicia de Fernández de Neira, noticias de Manuel Pardo de Andrade (o noso primeiro xornalista) ou ese monumento da nosa literatura medieval que é a Crónica Troiana (sec. XIV).

O libro era entón o símbolo do prestixio, soporte principal do discurso da cultura. A Biblioteca Gallega é o primeiro proxecto estable da nosa industria da edición: un proxecto consciente, cun programa de publicacións e autores moi definido, economicamente arriscado, audaz, que abre o camiño que logo outros seguirían (Lar, Céltiga, Editorial Nós antes da guerra, por non citar as que viñeron despois e seguen activas). O editor é un organizador e difusor de creación e de coñecementos, hoxe non só no libro impreso, tamén nas publicacións periódicas, nas plataformas dixitais, no audiovisual… Andrés Martínez Salazar, igual que Anxel Casal, son os padróns laicos deste oficio de lanzar ao mundo a nosa cultura, sementadores de entusiasmo e de esperanza. Tal é o exemplo que nos deixan.

QOSHE - Oficio de editor - Víctor F. Freixanes
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Oficio de editor

4 0
18.03.2024

O pasado 6 de outubro cumpríuse o primeiro centenario de Andrés Martínez Salazar (Astorga, 1846-A Coruña, 1923), que foi segundo presidente da Real Academia Galega, despois de Manuel Murguía, arquiveiro, anticuario, notable publicista, paleógrafo, historiador e moi principalmente editor, animador de proxectos e empresas editoriais que, na xustiza que peneira o tempo, hoxe consideramos capitais para a historia da nosa cultura e da nosa literatura. Refírome sobre todo á Biblioteca Gallega, a biblioteca do Rexurdimento, que Martínez Salazar inicia en 1885 en parcería con Juan Fernández Latorre, quen tres anos antes fundara La Voz de Galicia.

Pedro López Gómez, que foi director do........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play