Nunca cansarei de repetilo: a honra que supón para a nosa lingua e a nosa literatura, para a nosa cultura en xeral, dispoñer dun símbolo con tanta forza, con tanta significación social, como Rosalía de Castro, unha muller de quen estes días celebramos o 187 aniversario do seu nacemento. Mellor celebrar nacementos que defuncións, dígoo sempre. Asociacións civís de moi diversa condición, formacións políticas, fundacións culturais, particulares, institucións de distinta clase… honramos a figura capital do noso Rexurdimento, voz que a todos representa, fundadora da patria común, a patria humilde, que transcende as nosas fronteiras e nos interpela en calquera parte do mundo onde haxa un sentimento de Galicia.

Non sei de ningunha outra cultura ou literatura que teña como primeira bandeira unha muller, e iso é algo do que podemos e debemos sentirnos orgullosos, símbolo (ademais) do que a muller significa na nosa historia; non na historia das grandes palabras, mais na historia humilde da casa, a batalla diaria para labrar a vida, que con tanta intensidade e sensibilidade ela recolle nos seus versos (e nos seus textos). A gran forza de Rosalía reside na súa capacidade para conectar coa sensibilidade, emocións, preocupacións, tristezas, frustracións e esperanzas (tamén esperanzas, digo ben!) das xentes de Galicia, moi principalmente (aínda que non exclusivamente) as mulleres, e iso lle dá un valor engadido que non todos os escritores ou artistas teñen.

A muller que terma na casa para que non esmoreza a estirpe, a nai que saca adiante os fillos tendo que apandar co pai ausente, a que labra a terra, a que non se abaixa nin se rende, por máis que ás veces teña que aturar humillacións, a que levanta a voz cando ten que facelo e reclama o que lle corresponde, a que ve pasar os días sen apenas consolo, a que un día tivo amores e non renuncia á súa alegría (incluso cando os perde), a que canta, a que escribe, a que non se conforma e esixe un sitio no mundo, a que soña unha patria con voz de seu, a dignidade de Galicia sen mediadores nin interferencias.., todas esas mulleres son Rosalía, malia as dificultades do tempo que lle tocou vivir. E en todas se recoñecen as mulleres de hoxe, a mocidade sobre todo. O que hai 160 anos (Cantares Gallegos) apenas era un gran no suco, hoxe é unha sementeira que medra e se multiplica, trigo candeal!, tal é a grandeza dos clásicos.

A voz de Rosalía axigántase co tempo. Nunca tan moza! Non pasan os anos por ela, nin as modas, nin os discursos conxunturais, que hoxe están e mañá non están. A súa palabra leveda coma o pan no vello forno da casa, e enténdena todos, todos e todas!, segredo de quen segue a conectar cos seus porque fala a súa mesma linguaxe (non só a mesma lingua) e todos a entenden. Unha lección que deberiamos considerar os que teimamos en querer chegar á nosa xente.

QOSHE - Semente que o tempo axiganta - Víctor F. Freixanes
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Semente que o tempo axiganta

5 10
25.02.2024

Nunca cansarei de repetilo: a honra que supón para a nosa lingua e a nosa literatura, para a nosa cultura en xeral, dispoñer dun símbolo con tanta forza, con tanta significación social, como Rosalía de Castro, unha muller de quen estes días celebramos o 187 aniversario do seu nacemento. Mellor celebrar nacementos que defuncións, dígoo sempre. Asociacións civís de moi diversa condición, formacións políticas, fundacións culturais, particulares, institucións de distinta clase… honramos a figura capital do noso Rexurdimento, voz que a todos representa, fundadora da patria común, a patria humilde, que transcende as nosas fronteiras e nos interpela en calquera parte do mundo onde haxa un sentimento de........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play