Nunca preguntaron tanto. E paréceme ben que queiran saber, aínda que nos gustaría que ese interese se activase máis e de xeito máis directo ao longo destes catro anos. A democracia non consiste en solicitar a cada pouco o voto nunhas eleccións, senón nunha relación participativa entre os que aspiran a administrarnos e os administrados. Certo que as dúas partes teñen obrigas. Os administrados saber que a política nos atinxe a todos, todos somos responsables, a ignorancia non exime dos nosos actos, moito menos dos resultados ou consecuencia dos mesmos. Non hai votos inútiles. O voto informado e consciente sempre é útil na medida en que representa unha corrente de intereses. O voto verdadeiramente inútil é aquel que se emite ao chou, por inercia, sen saber moi ben por que se vota, ás veces por preguiza.

A obriga dos que nos gobernan ou aspiran a gobernarnos é informarnos de propostas e programas, proxectos de futuro para o país, non anuncios, nin propagandas fáciles, foguetes dun día que desaparecen ao día seguinte e, as máis das veces, nin sequera se disparan. Diferenciar o grao da palla, a fariña do farelo, é responsabilidade dos votantes. Mais a honestidade (sinceridade, honradez, lealdade) é algo que debemos esixir dos candidatos. ¿Obviedades? Seguramente. Pero iso non quere dicir que se cumpran.

Na enxurrada de enquisas que chegan a nós estes días hai dous modelos: o da pregunta inmediata, a quen pensa votar vostede, se é que pensa votar? E a máis complexa (e interesante) que solicita información das características do votante, o seu contexto, as súas necesidades e, sobre todo, a súa demanda política: que lle pide vostede ao candidato? Esta segunda deberiamos recibila e atendela non nas vésperas da consulta, senón dun xeito máis continuado, e con posibilidade de interlocutar, entre outras cousas para construír programas que dean conta da realidade. Corremos tanto que non temos tempo para nada, por máis que hai quen se sente moi cómodo neste modelo.

No meu caso a resposta é moi concreta. Quero un proxecto para o meu país, que é Galicia, non outras dimensións posibles, que tamén son importantes, pero que desta vez non tocan. A procesión de figuras externas, a xeito de acompañantes, está moi ben se hai respostas concretas á primeira demanda: que proxecto de futuro queremos para Galicia? Sen broncas, sen arroutadas, sen demagoxias nin descalificacións personais. Falar dende o respecto ao adversario define as persoas. As necesidades son moitas: a economía, as oportunidades para a xente nova, a sanidade, a consideración do público fronte aos negocios privados, a organización do territorio, o respecto ao medio ambiente, a demografía (incluída a necesaria incorporación de inmigrantes), a educación, a dependencia familiar, o patrimonio, a lingua, o acceso á cultura… Ben sabemos que quince días de campaña non dan para moito. Pero podemos intentalo.

QOSHE - Tempo de eleccións, tempo de enquisas - Víctor F. Freixanes
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Tempo de eleccións, tempo de enquisas

6 0
04.02.2024

Nunca preguntaron tanto. E paréceme ben que queiran saber, aínda que nos gustaría que ese interese se activase máis e de xeito máis directo ao longo destes catro anos. A democracia non consiste en solicitar a cada pouco o voto nunhas eleccións, senón nunha relación participativa entre os que aspiran a administrarnos e os administrados. Certo que as dúas partes teñen obrigas. Os administrados saber que a política nos atinxe a todos, todos somos responsables, a ignorancia non exime dos nosos actos, moito menos dos resultados ou consecuencia dos mesmos. Non hai votos inútiles. O voto informado e consciente sempre é útil na medida en que representa unha corrente de intereses. O voto verdadeiramente inútil é aquel........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play