A Universidade de Vigo inaugura no edificio Redeiras, no barrio do Berbés, a exposición «Antía Cal, unha mestra innovadora», comisariada por Silvia García, docente nesa mesma universidade. Unha viaxe pola biografía, obra e discurso de quen podemos considerar unha pioneira da renovación pedagóxica en Galicia, fundadora e directora do colexio Rosalía de Castro dende o ano 1961, introdutora das técnicas de Johan H. Pestalozzi, que ela descubriu en Xenebra (Suíza) acompañando o seu esposo, o oftalmólogo Antón Beiras. Nestes tempos nos que o profesorado reivindica con forza o seu papel na construción do futuro, e cando semella tan necesario afrontar unha renovación didáctica axeitada ao novo mundo tecnolóxico que habitamos, a figura de Antía Cal aínda nos interesa máis. En abril de 2023 cumpríronse cen anos do seu nacemento.

Coñecina en Vigo nos anos 70, da man do profesor Alonso Montero e Neira Vilas, que daquela visitaba Galicia na compaña de Anisia Miranda, e tiven a honra de publicar as súas memorias algúns anos despois: Este camiño que fixemos xuntos (Galaxia, 2006). Entre a súa casa de Domaio, á beira do mar de Vigo, e o concello de Brión fomos deseñando o libro, que a min me parece especialmente valioso na medida que é unha crónica persoal: a Galicia que se forma en Cuba, onde naceu e deu os primeiros pasos a futura profesora (no panel de escolas Concepción Arenal, nas instalacións do Centro Galego na Habana), e a posguerra en Galicia, dende as terras de Muras a Compostela, onde coñeceu a quen sería logo o seu esposo, quen a introduciu no galeguismo.

No ano 2012 démoslle o Premio Trasalba, en recoñecemento ao seu labor pedagóxico e ao seu compromiso coa lingua e a cultura galega na escola, nunha época onde non había máis ca atrancos. Estaba para cumprir 90 anos. Moito nos admirou a afouteza do seu discurso, reivindicativo dunha escola nosa, ben dotada, comprometida co país e co seu idioma. A súa receita: coherencia, constancia, dedicación, comprensión e amor, «moito amor», dicía, á lingua e aos rapaciños e rapaciñas que empezan a descubrila (estamos na cidade de Vigo nos anos 60!). Era especialmente emocionante ver desfilar os seus antigos alumnos e alumnas para saudar a Tita, que era como todos a chamaban, e en moitos casos presentarlle os fillos e os netos. Que maior homenaxe a unha profesora?

A xente de Muras, de onde procedía a familia, coñecíana por Tita do Mesón, porque os seus pais rexentaban un establecemento desas características á beira da estrada, e Tita lle quedou entre os máis íntimos, e entre os seus alumnos, que visitaban as aulas con nomes galegos e universais: Alexandre Bóveda, Castelao, Rosalía de Castro, Bertrand Russell, Marie Curie, Luis de Camoens, ou de vellos oficios populares: labregos, mariñeiros… Os rapaciños entraban na escola e entraban nun universo enriquecido.

QOSHE - Tita do Mesón - Víctor F. Freixanes
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Tita do Mesón

8 0
11.02.2024

A Universidade de Vigo inaugura no edificio Redeiras, no barrio do Berbés, a exposición «Antía Cal, unha mestra innovadora», comisariada por Silvia García, docente nesa mesma universidade. Unha viaxe pola biografía, obra e discurso de quen podemos considerar unha pioneira da renovación pedagóxica en Galicia, fundadora e directora do colexio Rosalía de Castro dende o ano 1961, introdutora das técnicas de Johan H. Pestalozzi, que ela descubriu en Xenebra (Suíza) acompañando o seu esposo, o oftalmólogo Antón Beiras. Nestes tempos nos que o profesorado reivindica con forza o seu papel na construción do futuro, e cando semella tan necesario afrontar unha renovación didáctica axeitada ao novo mundo tecnolóxico........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play