En galego tamén podemos dicir sumidoiro, cloaca, latrina… Esterqueira non, porque a esterqueira recolle fundamentalmente esterco, igual que a estrumeira recolle estrume, que se aproveita despois como abono para os campos. En portugués temos a palabra lixeira (en plural: lixeiras) para definir os lugares onde van todos os detritos, residuos, refugallos, sobras e cachotería. Niso convertemos o mar, que agora protesta; os océanos todos, que ocupan a meirande parte da superficie do planeta e nalgúns casos mesmo semellan espazos tóxicos, xigantescas latrinas de lixo.

Cando nos anos 70 algúns foros internacionais (o Club de Roma, o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) empezaron a discutir as accións que o progreso da civilización exercía sobre o medio ambiente e, xa que logo, sobre a sustentabilidade do planeta, unha parte promovía a idea do «crecemento cero», a paralización total ou case total do modelo dominante de desenvolvemento tecnolóxico, mentres que a outra (o MIT) sostiña a tese de que, aínda que o progreso produce contaminación e problemas, a propia dinámica do desenvolvemento científico crea solucións a eses problemas, nun proceso de renovación constante que garanta a vida e a supervivencia (tamén o beneficio económico). Levados aos extremos, unha postura defendía a intervención inmediata dende os poderes públicos (os Estados) e a outra avogaba pola liberdade para atopar solucións competitivas.

A imaxe da nosa xente outra vez nas praias, apañando nesta ocasión granulado plástico (pélets), retrotráenos aos días terribles do Prestige (novembro-decembro de 2002) e volve poñer no primeiro plano a responsabilidade dos gobernos, a razón de ser das administracións e do Estado (tamén da Unión Europea), as estratexias de protección civil, a fraxilidade do medio, a ausencia ou precariedade de sistemas de defensa e, por suposto, a responsabilidade dos que nos gobernan.

Non pretendo comparar o caso actual do granulado plástico coa traxedia do Prestige. Tampouco teño información nin coñecementos para poñerme a dar leccións. Mais a imaxe, vinte e un anos despois, está aí: a xente outra vez nas praias, e manifestándose. Seica dende os días aqueles do inverno do ano 2002 pasaron case que 300.000 barcos por diante das costas de Fisterra: 35 buques diarios con mercadorías perigosas, segundo datos de Salvamento Marítimo. Nos primeiros anos despois da catástrofe do chapapote, a circulación algo minguou. Mais pasa o día e pasa a romaría. Nos foros internacionais do transporte as autoestradas do mar son as grandes vías de negocio. Auténticos continentes de plástico aboian á deriva nos océanos. A contaminación por produtos químicos medra cada día. Igual que nos conflitos bélicos (cos mortos na televisión enriba da mesa), os foros internacionais viven instalados na retórica da impotencia. E nós, a humanidade enteira, como no poema de Celso Emilio Ferreiro: deitados fronte ao mar, ese vertedoiro…

QOSHE - Un xigantesco vertedoiro - Víctor F. Freixanes
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Un xigantesco vertedoiro

2 0
21.01.2024

En galego tamén podemos dicir sumidoiro, cloaca, latrina… Esterqueira non, porque a esterqueira recolle fundamentalmente esterco, igual que a estrumeira recolle estrume, que se aproveita despois como abono para os campos. En portugués temos a palabra lixeira (en plural: lixeiras) para definir os lugares onde van todos os detritos, residuos, refugallos, sobras e cachotería. Niso convertemos o mar, que agora protesta; os océanos todos, que ocupan a meirande parte da superficie do planeta e nalgúns casos mesmo semellan espazos tóxicos, xigantescas latrinas de lixo.

Cando nos anos 70 algúns foros internacionais (o Club de Roma, o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) empezaron a discutir as accións que o progreso da........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play