Apenas se fala da inocencia ultimamente. Algúns afirman que a encontraron maltratada, rabuñada, nalgún recuncho. Outros aseguran que a viron sepultada, sen epitafio, nun cemiterio con cipreses ao fondo. Porén, hai quen di que é mentira. Eses seres extraordinarios aseguran que existe, aínda. Que anda perdida entre bares na procura duns ollos que miren a outros ollos. En medio dos poemas de amor que algúns escriben. Mesmo hai quen viu a inocencia estes días, por riba dunha mesa, cruzándose copas e brindando xentes de aquí e acolá, brindando, brindando pola vida. Ninguén dá conta da inocencia no territorio dos pactos nin, moito menos, en institucións políticas de toda cor. Semella que neses lugares a inocencia foi perseguida, castigada e expulsada. Eu négome a crer esta evidencia. Porque creo. Porque aínda creo en políticos de mirada limpa, honestos, laboriosos. Coñezo algún. E teño a fortuna de ser o seu amigo. Pero, seino, son os derradeiros habitantes dun reino perdido. Tampouco encontraredes a inocencia nas redes sociais e similares: porque a inocencia dura máis que unha foto, unha historia, un comentario. Mesmo, atrévome a aseverar que hai redes sociais que se crearon, especificamente, para derrocar ou pisar a inocencia. Para que non regresase nunca máis. Polo tanto, debemos recuperar a inocencia. Vai custar traballo. Elevaremos a tenrura e os abrazos. Daremos as costas, con desdén, aos inimigos da inocencia. Procurarémola nos soños dos nenos. Entre a néboa. Metida baixo o abrigo dos avós. Resistente e constante. Escoitarémola en cancións de Jacques Brel, Janis Joplin ou Triana. Nun alalá. Nas caricias. No silencio. En ti. E volverás existir, inocencia.

QOSHE - A inocencia - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A inocencia

7 1
28.12.2023

Apenas se fala da inocencia ultimamente. Algúns afirman que a encontraron maltratada, rabuñada, nalgún recuncho. Outros aseguran que a viron sepultada, sen epitafio, nun cemiterio con cipreses ao fondo. Porén, hai quen di que é mentira. Eses seres extraordinarios aseguran que existe, aínda. Que anda perdida entre bares na procura duns ollos que miren a outros ollos. En medio dos poemas de amor que algúns escriben.........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play