A semana máis fría do inverno aconteceu en primavera (Semana Santa). A máis calorosa da primavera aconteceu en abril (a pasada semana). Cando os calendarios marcaban o inicio do tempo das flores, e tamén das alerxias, caeron neves e chuvias. No país dos galegos e no resto. A Semana Santa foi o diluvio hispano. «Comprenderás que puede nevar en primavera/ y que en la primavera las nieves son más crudas». Xa pasaron máis de cen anos dende que Neruda escribiu este poema sublime. E seguiu nevando en 2024. Parece que estes días abriu Pandora o baúl dos soños claros. E que o sol, ensarillado no horizonte, alumeará no esplendor da tarde. Anoitece ás nove. E o día abre entre xílgaros canores, antes das oito. A neve esqueceuse de nós. Por fin. Os embalses rozan a plenitude e en Galicia non se falará das securas nos próximos meses. Ou iso parece. Porén, os campos e campías sofren. Hai dúas semanas anunciaba La Voz: «As intensas precipitacións arruínan a campaña do cereal na Limia, impiden utilizar o purín para fertilizar as fincas e plantar os cultivos de primavera, ademais de que non permiten pastar ao gando». Choveu de máis. Aquí. Aínda que esta circunstancia non apareza nos noticiarios madrileños. Estamos nun recanto do mundo. Case imperceptibles, inapreciables. En ocasións penso que os galegos somos invisibles. Camiñamos sen presenza os camiños de abril. Como fantasmas dunha paisaxe na que só habita Pedro Páramo e compañía. E aínda así, canta fermosura! Igual que os embalses, Galicia reborda de beleza. Estes días debes procurala nos ollos dos solpores e abrentes. Nas mans próximas. Na esperanza, esa morada. Abril, en Galicia, deambula tras o recendo das flores.

QOSHE - Abril 24 - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Abril 24

13 1
18.04.2024

A semana máis fría do inverno aconteceu en primavera (Semana Santa). A máis calorosa da primavera aconteceu en abril (a pasada semana). Cando os calendarios marcaban o inicio do tempo das flores, e tamén das alerxias, caeron neves e chuvias. No país dos galegos e no resto. A Semana Santa foi o diluvio hispano. «Comprenderás que puede nevar en primavera/ y que en la primavera las nieves son más crudas». Xa pasaron........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play