Espero que esta carta non chegue con retraso, maxestades. Sei que estades moi ocupados estes días. E máis mañá. Imaxino que as peticións de última hora, como esta, igual non podedes atendelas. En todo caso vai a carta, porque debo recoñecer que rara vez fallastes. Unicamente co Scalextric polo que agardo dende os sete anos. Teño, iso si, un coche que me enviou unha lectora. Sempre comigo, no cuarto onde traballo. El vixía todo o que escribo e ata me corrixe. Deixémonos de elucubracións. Vaiamos ao esencial: a carta. Pido saúde, principalmente, maxestades. Se fose posible, aínda que isto vai resultar difícil, que rematen todas as guerras de todos os mundos, de Oriente a Occidente, de Norte a Sur. Sigo sen entender que a xente poida matarse por unha bandeira ou por un territorio. Pido, tamén, que o Mariló, que nunca se pon enfermo, deixe de estar con gripe cada Nadal. Que o Bernardo siga cociñando para nós con dedicación e cariño. Que á Marta non lle falte a ilusión para seguir estudando como estuda, dez horas cada día. Que á Conchiña tampouco lle falte ilusión para traballar como traballa, con tesón e brío. Que á Berta non lle falte, tamén, a ilusión: para seguir, continuar, seguir, continuar, bico a bico. Ai, maxestades, a ilusión segue a ser o motor de cada día! Por iso, en xeral, solicito que sexades benévolos e traiades toneladas de entusiasmo, esperanza, ánimo, confianza, seguridade, para nós e para todos. Que non chova no adentro. Que por fóra chovan caricias. Que entre os dedos teñamos outros dedos, man con man, camiñando. Que cada xoves esta columna esqueza a palabra amargura. Que saia o sol os días de nubes. Espero que esta carta non chegue con retraso, maxestades.

QOSHE - Carta, 24 - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Carta, 24

5 0
04.01.2024

Espero que esta carta non chegue con retraso, maxestades. Sei que estades moi ocupados estes días. E máis mañá. Imaxino que as peticións de última hora, como esta, igual non podedes atendelas. En todo caso vai a carta, porque debo recoñecer que rara vez fallastes. Unicamente co Scalextric polo que agardo dende os sete anos. Teño, iso si, un coche que me enviou unha lectora. Sempre comigo, no cuarto onde traballo. El vixía........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play