A novela publicouse a finais do século XIX. O autor, Oscar Wilde. Algúns aseguran que o tema tratado no texto é a eterna xuventude. Creo que non resulta exacto. O argumento real de O retrato de Dorian Gray é o narcisismo, o culto enfermizo á propia beleza, o egocentrismo hiperbolizado. Hai ególatras que non fan demasiado dano. Outros, como Dorian, levan consigo a calamidade. Un nove de novembro, un día coma hoxe, Dorian mata ao pintor que o retratara. Chamábase Basil. Dorian quere ter sempre a beleza que posuía cando Basil o pintou. El conserva a louzanía dos anos mozos, pero o cadro non. O cadro envellece. E nese tránsito vai descrita a desgraza do narcisista supremo, Dorian Gray. «Esta noite, a do nove de novembro, na véspera do seu trixésimo oitavo aniversario, Dorian Gray comete o asasinato de Basil, o autor do seu retrato. Que o levou a cometer tal monstruosidade?». É unha frase tremenda, porque a novela é tremenda, plena de dor e cicatrices. Os narcisistas adoitan a sementar a dor. Existen só por si mesmos. Só polo seu propio interese actúan, executan accións, progresan na vida. Pero sempre están sós. En medio do seu éxito (a beleza perpetua) encontran desolación e amargura. Algúns manteñen o corpo en perfecto estado, porén a súa alma está apodrecida, morta. Parece mentira, pero hai xente que pasa a vida vivindo unicamente para si mesma. Sen contemplar ao resto. Só aí (os outros) encontraremos o sentido da existencia. No que damos, entregamos, regalamos. Malos tempos estes que vivimos. Individualistas e codiciosos. Un nove de novembro era obrigado recordar a Dorian Gray. A súa figura apolínea pasea aínda, entre sombras, en medio da humanidade.

QOSHE - Dorian Gray - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Dorian Gray

10 24
09.11.2023

A novela publicouse a finais do século XIX. O autor, Oscar Wilde. Algúns aseguran que o tema tratado no texto é a eterna xuventude. Creo que non resulta exacto. O argumento real de O retrato de Dorian Gray é o narcisismo, o culto enfermizo á propia beleza, o egocentrismo hiperbolizado. Hai ególatras que non fan demasiado dano. Outros, como Dorian, levan consigo a calamidade. Un nove de novembro, un día........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play