Xoves de compadres. Camaradería, amizade e bos sentimentos. Os da cuadrilla, como cada ano, estaremos xuntos. Cantaremos ao compás do acordeón de Tavito. Tamén visitaremos febreiro, un mes de mala fama. Porén, en Verín de Verín, febreiro ten arrecendo de lavanda e romeiro. En febreiro esperta a luz, esa que redime da escuridade dos invernos: o frío da alma, a alma en frío. Febreiro abraza e os abrazos acariñan máis entre os dedos de febreiro. Unha ponte á primavera. Unha rampa cara a marzo, abril, abril, ese mes sobrevalorado. En febreiro aprendes (o mes máis curto do ano) a importancia do tempo: pasa, pasas, pasamos. É un mes que nos axuda a esperar, ou sexa, un mes cargado de esperanza. «En febreiro, un día de sol e outro ao braseiro». Mes das Candelas e da Candelaria, patroa de electricistas e fontaneiros: eses que iluminan e abren as portas da auga limpa. Cumpreanos de mamá (7 de febreiro), que só cumpre anos na nosa memoria, e da primeira das tres mulleres que máis quero: Berta. Febreiro con calor ou sen el. Febreiro de aloumiños e gozos. En febreiro crecen os días, digo que cada día son máis pequenas as noites. Un de febreiro. Acabo de ler un poema de Goethe: «Nunca é tarde de máis para corrixir, para aceptar, para agradecer. É sempre tempo para dar, para sorrir... e amar». En febreiro fago unha paréntese entre o ruído dos noticiarios. Intento refuxiarme nos interiores. Penso. Pensar é unha vocación. Regreso á memoria: ese lugar que nos define. E véxome cunha bolsa de fariña, uns chocallos, un capuchón de entroido. Esta noite, ceando coa miña cuadrilla, sentirei o rumor do pasado. Somos o que perdemos. Pero creo que somos, tamén, o que soñamos.

QOSHE - Febreiro, 1 - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Febreiro, 1

5 1
01.02.2024

Xoves de compadres. Camaradería, amizade e bos sentimentos. Os da cuadrilla, como cada ano, estaremos xuntos. Cantaremos ao compás do acordeón de Tavito. Tamén visitaremos febreiro, un mes de mala fama. Porén, en Verín de Verín, febreiro ten arrecendo de lavanda e romeiro. En febreiro esperta a luz, esa que redime da escuridade dos invernos: o frío da alma, a alma en frío. Febreiro abraza e os abrazos........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play