Segundo Hipócrates, a melancolía era causada por un exceso de bile negra. Foi tratada como unha enfermidade. Polos regatos da Idade Media o cabalo da melancolía pisou, desbocado, as almas dos supervivintes. Un gravado de Alberto Durero titulouse Melancolía. Na Enciclopedia de Diderot a melancolía é produto de amores, paixóns, apetitos non satisfeitos. Gasta mala fama a melancolía. Eu non te amo, Hipócrates. A melancolía, nestes días, ten a súa parte bondadosa. A min reconfórtame a melancolía. Escoito vellas cancións no tocadiscos vello. Regresa Gwendoline e creo que Bonnie Tyler, como unha bolboreta azul, volve bicar os meus ollos. Respiro profundamente, como só respiran os melancólicos. E deixo que o aire frío penetre entre os meus dedos. Escribo. A escritura é un acto melancólico. Sempre. E todas as novelas e poemas (todas as novelas e poemas que en realidade pagan a pena) falan daquel que os escribiu. As luces de Nadal en Galicia, ata que chegou a hipérbole de Vigo, eran gotas melancólicas que caían do ceo coma neve. Unha árbore de Nadal ten máis significado que a abundancia hortera de certos enclaves do planeta. Gústame o Nadal dunha aldea pequena. Perdida. Con quince ou vinte luces. Gústame o Nadal que sabe a compañía. A familia. Agora que xa case non podemos pronunciar esta palabra: familia. Gústame o Nadal á beira da cheminea ou da lareira. O sorriso de Marta e Concha e Berta. O mal humor do Mariló cando chegan as tres do mediodía e a comida dos amigos non está preparada. A delicadeza do Bernardo cociñando para todos. Son esas pequenas cousas que levan a contraria a Hipócrates. Hai melancolías que curan. Que abrazan. Eu non te amo, Hipócrates.

QOSHE - Hipócrates - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Hipócrates

3 0
14.12.2023

Segundo Hipócrates, a melancolía era causada por un exceso de bile negra. Foi tratada como unha enfermidade. Polos regatos da Idade Media o cabalo da melancolía pisou, desbocado, as almas dos supervivintes. Un gravado de Alberto Durero titulouse Melancolía. Na Enciclopedia de Diderot a melancolía é produto de amores, paixóns, apetitos non satisfeitos. Gasta mala fama a melancolía. Eu non te amo,........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play