Remata febreiro rebozado de frío. E comeza marzo. Era o primeiro mes do calendario romano. Deriva de Marte, o deus latino da guerra. En marzo chega a primavera co seu equinoccio tan verderolo e xílgaro. Tamén celebramos o día da poesía, o 21, concretamente. Aínda que o día da poesía debera acontecer, e celebrarse, todos os días de todos os anos. Os políticos, e a xente de poder, len pouca poesía. É un hábito que nunca perdín. E non hai xornada que no lea algún poema. A poesía fainos mellores do que somos. Mesmo esa poesía críptica que sempre abominei. Prefiro a Quevedo antes que Góngora. E a Ángel González antes que a xeración das avangardas herméticas. «Mientras tú existas,/ mientras mi mirada/ te busque más allá de las colinas,/ mientras nada/ me llene el corazón,/ si no es tu imagen, y haya/ una remota posibilidad de que estés viva/ en algún sitio, iluminada/ por una luz cualquiera...». Sempre me pareceu un poeta xenial. Mesmo recitando. Máis que esta saga de recitadores que non gardan nin tono, nin matiz, nin modulan... nin emocionan. Sinto certa cólera cando escoito recitar a estas novas xeracións. Len poesía como se a poesía fose unha prosa calquera. Unha mágoa. Pero non quería falar dos poetas, senón de marzo. O día 19 era o santo de papá. Lembro unha fotografía. El, José Herminio, estreaba chaqueta de cheviot e eu unha cazadora azul. Daquela tiña melena, tipo Maradona. O San José era unha festa maior en casa. Agora só o celebramos os nostáxicos. Os «Xosés» de toda a vida. Revólvome contra a moda de menosprezar ao santo de Nazaret. Revólvome contra o olvido. Por iso lembro ben ao meu pai, coa súa chaqueta nova. Non hai día que non o bote de menos.

QOSHE - Marzo, 24 - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Marzo, 24

8 0
29.02.2024

Remata febreiro rebozado de frío. E comeza marzo. Era o primeiro mes do calendario romano. Deriva de Marte, o deus latino da guerra. En marzo chega a primavera co seu equinoccio tan verderolo e xílgaro. Tamén celebramos o día da poesía, o 21, concretamente. Aínda que o día da poesía debera acontecer, e celebrarse, todos os días de todos os anos. Os políticos, e a xente de poder, len pouca poesía. É un........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play