OJulito do Salgueiro é o máis novo da cuadrilla. Aínda non cumpriu os cincuenta. Porén, segundo cálculos do Juan Ramón do estanco, xa supera seis décadas de cotizante na Seguridade Social. Exerceu traballos de todo tipo: técnicos, mecánicos ou de consultoría global. Agora domina o electrón traballando na empresa de electricidade do Paco Mariló. O martes estábamos lembrando algunha das súas ocupacións. Varias. Especialista na regulación de motos de alta competición. Inseminador de vacas frisonas. Observador de pesca: o seu método para distinguir o peixe fresco é revolucionario (botarlle unha gota de limón nos ollos ao pescado nos mostradores... se chisca o ollo, está fresquísimo). Catador. Soldador. Xerente de eventos, principalmente o entroido. Oficial no corte do aluminio. Barman diplomado en coctelería; é un perito na arte do Martini. Un día comentounos: «Eu servinlle un dry martini a Humphrey Bogart». Contestei: «Cando ti naciches, Bogart estaba morto». Respondeu, impasible: «Debía ser o seu fillo, cuspidiño a el». O outro día descubriunos algo inverosímil. Dixo: «Tamén traballei exercitándome na insensibilidade á dor e ao sufrimento». Mirámonos sorprendidos. O Juan Ramón púxose pálido. O Bernardo levou as mans a cabeza. O Mariló, como o peixe fresco, chiscou un ollo. Interroguei: «Non me digas que tamén traballaches nun circo». Contou o Julito: «De neno ía co meu pai a Chaves, daquela había fronteira e non se podía traer nada. O pai arriscábase. Compraba coitelos e puntas para as obras, de moita calidade as portuguesas. Metíamas dentro da camisa. Ou no asento. Eu nin me movía ata chegar ao Salgueiro». Marabilloso. Dende ese tarde chamámolo... o faquir.

QOSHE - O faquir - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O faquir

6 11
28.03.2024

OJulito do Salgueiro é o máis novo da cuadrilla. Aínda non cumpriu os cincuenta. Porén, segundo cálculos do Juan Ramón do estanco, xa supera seis décadas de cotizante na Seguridade Social. Exerceu traballos de todo tipo: técnicos, mecánicos ou de consultoría global. Agora domina o electrón traballando na empresa de electricidade do Paco Mariló. O martes estábamos lembrando algunha das súas ocupacións. Varias.........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play