Hai libros para ler e libros para reler. Sapiens. De animais a deuses pertence á segunda categoría. O seu autor, Yuval Noah Harari, doutor por Oxford, é catedrático na Universidade hebrea de Xerusalén. Cada un dos seus ensaios acada millóns de lectores. Lúcido, innovador, erudito. O capítulo trece da terceira parte do libro titúlase O segredo do éxito. Conclúe o capítulo cunha frase categórica: «A historia ten un horizonte máis amplo de posibilidades, a maioría non se realizan nunca». Non vou entrar no contido explícito do capítulo. Só esa frase. É unha lección para a historia pero é tamén unha lección sobre a vida, para a vida. Sobre a vida e para a vida intento escribir. Un xoves coma este, de comadres, a vida está pendurada dos ollos, cores, pel, disfraces das mulleres da miña tribo. Verín de Verín esperta en medio da noite máis «abracadabra». Noite de luz e de centos de posibilidades para ser feliz. Harari afirma que nunca se realizan na historia. Na noite de comadres, si. Quizá o único segredo do éxito é aproveitar esas posibilidades. O carpe diem de Horacio. Aproveita o tempo. Amárrate a el. Non o soltes. Carnaval forma pareado con alegría. Días de escorrentar as sombras todas e o mal. Entroido nos recantos deste país do noroeste. Aproveitando posibilidades. Sen dar pasos atrás. Ou si. Para mirármonos por dentro.

O segredo do éxito consiste en ser feliz. Aínda que sexa por gotas, décimas, micras de gozo. O demais figura entre os proxectos fallidos da humanidade. Deles tamén fala o mestre Harari. Non é momento para recordar as fórmulas explicativas do profesor. En Galicia están chovendo estrelas. Deixémonos mollar por elas. Velaquí o segredo.

QOSHE - O segredo - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O segredo

10 4
08.02.2024

Hai libros para ler e libros para reler. Sapiens. De animais a deuses pertence á segunda categoría. O seu autor, Yuval Noah Harari, doutor por Oxford, é catedrático na Universidade hebrea de Xerusalén. Cada un dos seus ensaios acada millóns de lectores. Lúcido, innovador, erudito. O capítulo trece da terceira parte do libro titúlase O segredo do éxito. Conclúe o capítulo cunha frase categórica: «A........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play