Contan que de nena quería ser científica. No mundo da medicina é un referente. Microbióloga. Cando digo mundo non utilizo unha metáfora, senón que me refiro exactamente ao mundo, de Estados Unidos á China. Entusiasta, laboriosa, culta, disciplinada. O seu enxeño e agudeza, a constante dedicación, fixeron dela o que é: unha honra para Galicia e España. Non adoita saír demasiado nos medios de comunicación, quizá porque sabe que o seu é un traballo de interiores, onde o talento adoita crecer máis vivo e expansivo. Hoxe o noso editor entregaralle o Premio Fernández Latorre. Adoita este galardón recoñecer a persoas que nos fan sentir orgullo de Nós (e escribo ese Nós con maiúsculas). Persoas inclinadas ao afán e o brío dunha vocación. Lerán vostedes estes días no noso periódico os seus méritos, innumerables, e logros constantes. Polo tanto non vou reiteralos neste recanto. Só quero expresar, como galego, o meu agradecemento. Porque esta, e non outra, é a Galicia luminosa que defendemos. A que sae a diario das páxinas deste xornal que desprende historia, lealdade ao país, e unha honestidade periodística que resulta paradigmática en España. Quizá por iso, porque La Voz arrecende a autenticidade, é un paradigma no xornalismo español e europeo. Marisol Soengas é tamén un paradigma. Por iso hoxe a súa voz, a súa traza de científica próspera e radiante, unirase á nosa Voz de cada día. É unha unión brillante, agora que os brillos pasaron de moda. Despois do acto, Marisol marchará pensando na súa próxima tarefa. No quefacer de mañá. A nós quedaranos a satisfacción de estar perto dunha galega excepcional. De nena quería ser científica. Somos o que soñamos, Marisol.

QOSHE - Soengas - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Soengas

5 0
23.11.2023

Contan que de nena quería ser científica. No mundo da medicina é un referente. Microbióloga. Cando digo mundo non utilizo unha metáfora, senón que me refiro exactamente ao mundo, de Estados Unidos á China. Entusiasta, laboriosa, culta, disciplinada. O seu enxeño e agudeza, a constante dedicación, fixeron dela o que é: unha honra para Galicia e España. Non adoita saír demasiado nos medios de comunicación, quizá porque........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play