Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedores agochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Tamén houbo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposición de intentalo novamente cando proceda e se presente a ocasión. As razóns para aparentar serenidade e confianza búscanse debaixo das pedras e aparecen no dicionario, explícanse, repítense cantas veces sexa necesario e malo sexa que non quede, cando menos, a dúbida nunha parte das cabezas do rabaño de pensantes e votantes.

Pobres eles!, aqueles que recoñeceron que acadaran resultados “malos sen paliativos”, mentres os seus de máis arriba agarrábanse á lonxanía e mantiñan silencio sepulcral. Non se acordaban de nada, non foran partícipes de nada e non sabían nada de nada. Outros, tamén derrotados, mesmo ao rematar o partido, volveron correndo para Madrid e alá seguirán buscándolle tres pés ao gato. Varios deles acabaron en cero. Os que máis medraron, con vinte e cinco, cumpriron e, ao seguir a marcaxe do sistema D’Hondt, o primeiro, corenta e o outro, nove.

Os ganadores están tranquilamente á espera, toman posicións e palmean as redes, que deben estar limpas e preparadas para a próxima temporada, cando moitos dos protagonistas de hoxe vaian polo camiño da retirada. En política, como di a Tía Manuela, o importante é participar, incorporarse á acción, opinar, traballar, ofrecer, cumprir e marchar para deixar o camiño limpo e aberto, para que quen queira poida libremente andar por el.

O día das votacións é moi parecido a aquel día da feira de Castro Caldelas. “Cando un perdía, outro ganaba”. Se acaso, aquí todos, tanto os que ganan como os que perden, traballan “para que gane o pobo”. E o pobo, contento? Se melloran os servizos, se a educación e a sanidade van a mellor, se as estradas, as comunicacións e as pensións funcionan, “que máis podemos pedir?”.

Paz e despois gloria. Todo está no programa, nese programa perfectamente pensado por xente que sabe, correctamente deseñado por especialistas experimentados, ben impreso e dixitalizado, ben preparado e disposto, dende o principio, para aguantar o que lle poñan. O programa é como a guía que poucos len, menos cren e ninguén segue.

QOSHE - Paz e despois gloria - Luís Celeiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Paz e despois gloria

7 11
21.02.2024

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedores agochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Tamén houbo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposición de intentalo novamente cando proceda e se presente a ocasión. As razóns para aparentar serenidade e confianza búscanse debaixo das pedras e aparecen no dicionario, explícanse, repítense cantas veces sexa necesario e malo sexa que non quede, cando menos, a dúbida nunha parte das cabezas do rabaño de pensantes e votantes.........

© La Región


Get it on Google Play