Polo carnaval, queimaron uns trapos e enfadouse o gobernador do barrio, o pedáneo daquela esquina do concello, por onde pasa o río e onde pacían as ovellas que andaban xa mal mantidas. Cabreouse ao ver que aqueles trapos sen aquelar tiñan o seu nome escrito coas chamas. A xente non paraba de rir e o lume convertía ao boneco en fedorentas cinzas tóxicas.

Pero a vida segue e seguirá rulando, dicía unha veciña, e o gobernador, Gumersindo da Fonte, mantén a súa boa saúde. “Que sexa por moito tempo!”, desexaban os mesmos que gardaban o chisqueiro no peto. Aparentaba ser unha broma, a do chisqueiro acendido.

Hai quen pensa que en política é todo o ano festa de carnaval, con máscaras, entroidos, vestimenta preparada para o folclore, detidos no barrio ou na estación de metro, caras pintadas e a punto de ser tiroteadas polos gardas de seguridade do Estado, algúns deles gardas privados que pasean pola estrada con toda a súa gallardía, con arrogancia e sen présa, agardando que o río volva ao seu cauce.

Ela, Euxenia, a veciña de Gumersindo, tiña nas leiras sementadas de millo dous ou tres espantallos con caras de xente coñecida. Ninguén se molestaba e os cazadores aproveitaban para dispar a aqueles homes que, a pesar dos tiros recibidos, seguían tesos espantando os paxaros. Ninguén se aludía. Ríanse na taberna os mesmos representados e tiroteados, os espantallos, os de cartón ou pintados no saco vello, na parede esconchada, na táboa de castiñeiro afumada, e aqueles na imaxinación debuxados.

Os bonecos, pousados ou colgados, nas árbores e nas esquina para lucir e exhibir, para dar sinal de esquecemento e de olvido, para mostrar desprezo e maldade refinada, para nada e nada máis. Para sorrir, para facer que alguén ou ninguén busque e atope escusas. Para que xoguen os meniños e para que o Tribunal Europeo de Dereitos, o recoñecido Tribunal de Estrasburgo, poida traballar.

De trapo, de cartón ou de palla, un boneco é un boneco. Pode ser máis ou menos gracioso, pero é iso, un boneco sen alma, sen corazón e, aínda que pareza o contrario, sen coñecemento. Ou con moito menos coñecemento que os que o queiman e, incluso, con menos que as persoas a quen queren representar con el, coa palla, cos trapos, coa pintura e coas chamas acendidas.

QOSHE - Un boneco é un boneco - Luís Celeiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Un boneco é un boneco

11 0
10.01.2024

Polo carnaval, queimaron uns trapos e enfadouse o gobernador do barrio, o pedáneo daquela esquina do concello, por onde pasa o río e onde pacían as ovellas que andaban xa mal mantidas. Cabreouse ao ver que aqueles trapos sen aquelar tiñan o seu nome escrito coas chamas. A xente non paraba de rir e o lume convertía ao boneco en fedorentas cinzas tóxicas.

Pero a vida segue e seguirá rulando, dicía unha veciña, e o gobernador, Gumersindo da Fonte, mantén a súa boa saúde. “Que sexa por moito tempo!”, desexaban os mesmos que gardaban o chisqueiro no peto.........

© La Región


Get it on Google Play